O presidente da Real Academia Galega dará a conferencia central das actividades do día da Ciencia en galego
O día 4 de novembro, día da Ciencia en Galego, D. Xesús Alonso Montero, Presidente da Real Academia Galega dará unha conferencia no Salón de Actos da Deputación de Lugo, ás 12 h.. A conferencia ten de título: Primeiras manifestacións científicas formuladas en lingua galega., Convídanse a todos os centros de Lugo a asistir a dita conferencia. Para asegurar que non se sobrepase a cabida do salón (164 prazas) solicitade a inscrición a secretaria@igaciencia.org. Neste momento imos en 100 prazas ocupadas.