Robótica

Balance Obradoiros de Robótica 2015

Submitted by admin on Sáb, 06/06/2015 - 16:32

Unha edición máis queremos comunicar a nosa satisfacción polo apoio unánime do profesorado expresado tamén a través das enquisas de avaliación. A vosa valoración e loanzas, que compartiremos tamén co equipo de monitores, sen dúbida darannos ánimo para seguir nesta liña.
O noso sincero e efusivo agradecemento a todos os que contribuíron ao éxito da actividade: patrocinio de educaBarrié, equipo de espléndidos monitores e monitoras e confianza e ilusión do profesorado participante.

Datos

Obradoiro Galego de Robótica: zona Sur, en Vigo, do 19 ao 22 de maio 2015

Submitted by admin on Lun, 03/16/2015 - 16:32

Obradoiro Galego de Robótica: zona Sur, en Vigo, do 19 ao 22 de maio de 2015

Cando? do 19 ao 22 de maio de 2015. Onde? En Vigo, na Fundación Barrié, Rúa Policarpo Sanz, 31, 36202 Vigo, Pontevedra. Onde se inscribe un centro? nesta mesma páxina igaciencia.eu Cando se abre a inscrición? O día 10 de abril de 2015 ás 9 da mañá. 

Etiquetas