Videoconferencias do Mes da Ciencia en Galego 2023

Enviado por admin o Sáb, 09/16/2023 - 17:58

Despois do éxito das Videoconferencias promovidas por Igaciencia polo Mes da Ciencia en Galego 2020, 2021, e 2022 que superaron cada ano os 8000 espectadores, dos centros educativos e público en xeral, estamos obrigados a repetir o esforzo no 2023, cunha serie de videoconferencias dirixidas aos centros educativos galegos, especialmente aos de secundaria.

Introdución a Blender

Enviado por admin o Sáb, 05/13/2023 - 20:41

Introdución a Blender:

Non é casual que Blender se convertese nun dos softwares máis populares no universo da animación. Trátase dun dos mellores programas para modelar, iluminar, renderizar e animar. Con el podes crear e manipular obxectos básicos e desenvolver estruturas base e espazos.

Gañadores do XXXI Rally Matemático sen Fronteiras. Probas, fotos, webs,...

Enviado por admin o Lun, 04/24/2023 - 18:27

1ºs premios do XXXI Rally Matemático sen Fronteiras

4º ESO Matemáticas: IES María Casares de Oleiros

3º ESO Matemáticas: IES Martaguisela do Barco de Valdeorras

2º ESO Matemáticas: CPR Sagrado Corazón de Placeres de Pontevedra

1º ESO Matemáticas: IES Eduardo Blanco Amor de Ourense

lingua.gal

X Congreso de Igaciencia: crear, presentar e divulgar arte 3D dixital

Enviado por admin o Ven, 04/14/2023 - 13:42

Os días 3 e 4 de xullo de 2023 celebraremos o X Congreso de Igaciencia: Crear, presentar e divulgar arte dixital 3D no CNTG de Santiago. Aceptada a homologación provisional da Consellería de Educación.

Obxectivos.-

-Propiciar o intercambio e coñecemento mutuo entre investigadores e profesores de educación.