Rally Matemático
Rally Científico Matemático. Gañadores no 2021.
Parabéns a todo o profesorado e alumnado que participou nesta fase única do Rally 2021. Dada a inseguridade actual pola pandemia finalizamos o Rally neste punto. Haberá unha entrega de premios a finais de maio e a Ruta científica-matemática no Camiño de Santiago en xuño, na que participarán os primeiros equipos de cada categoría.
A confianza que depositamos na responsabilidade e implicación do profesorado cando iniciamos esta modalidade de participación, vese fortalecida máis cada ano polo voso bo facer e polo entusiasmo dos rapaces e rapazas.
Rally Científico e Matemático sen Fronteiras. Clasificados na fase de centro.
Parabéns a todo o profesorado e alumnado que participou na fase de centro.
A confianza que depositamos na responsabilidade e implicación do profesorado cando iniciamos esta modalidade de participación, vese fortalecida cada ano máis polo voso bo facer e polo entusiasmo dos rapaces e rapazas.
As datas que se barallaban para a fase galega e internacional quedan á espera de boas novas.