Inventa en Galego (con App Inventor) 2020 e Concurso de Sensores para todos 2020

Submitted by admin on Dom, 01/05/2020 - 22:04

Inventa en Galego (con App Inventor) 2020

As Bases que podedes ver aquí, son semellantes ás dos tres anos anteriores e tamén contará co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Igaciencia. A modo de resumo, céntrase en:

Crear programas en App Inventor por un equipo de alumnos e alumnas de Primaria ou Secundaria de Galicia, presentados por un ou unha profesor/a.

Temática: As App versarán sobre programas útiles co móbil, realizados con AppInventor, do MIT e relativos a calquera aspecto de Galicia. Ao menos no idioma galego (pode ter máis).

Premios: 2 , un de 300 e outro de 200 euros. Prazo, finais de maio.

Concurso de Sensores para todos

Ampliamos as bases de anos anteriores permitindo utilizar móbiles intelixentes, mbots dos centros, drons, GPS e Internet das cousas.

Bases de Sensores 2020

Este mesmo concurso, convocado na web do Concello de A Coruña:

Concurso de Sensores para todos

Premios: 2, un de 300 e  e outro de 200 euros en material para os centros. Prazo,12 de xuño. Co patrocinio do Concello de A Coruña e Igaciencia.

Para a realización do concurso poñemos sesións de asesoramento os venres ou sábados no Centro Ágora de A Coruña, sempre a petición dos interesados. Para iso apuntádevos no formulario situado ao final deste apartado.

Para os interesados en:

-Participar no concurso do Concello de Coruña Sensores para todos

-Preparar actividades con sensores de Ciencia na Rúa

-Aprender a programar en Arduino, EV3 ou Raspberry Pi

-Sensores nun smartphone

Nesa reunión tratarase como orientar o concurso e de dar resposta as dificultades que teñades (profesores ou alumnos) de modo que os asistentes saian cun convencemento de que o traballo con sensores é asequible e divertido. Con sensores non hai nada imposible. Os asistentes poden ser profesorado de toda Galicia ou ben alumnos (cun máximo de 2 alumnos por grupo participante). No Centro Ágora de Coruña pola tarde. Cómpre inscribirse en http://www.igaciencia.eu/node/337, aquí mesmo, para poder planificar as reunións

 Exemplos

http://intercentres.edu.gva.es/iesleonardodavinci/Fisica/Laboratorio/Laboratorio08.htmta

http://rsefalicante.umh.es/laboratorio.htm

Despois do sucedido coa infección do coronavirus e o feito de que os centros estiveron sen funcionar case desde marzo ata  xuño, de forma axustada á situación decidimos anular á convocatoria tanto de Inventa en Galego como a de sensores para todos.