Apúntate ás videoconferencias do Mes da Ciencia en Galego

Submitted by admin on Dom, 10/18/2020 - 17:26

Convidamos os centros educativos a participar nas seguintes videoconferencias:

 

Enfoque científico dos conceptos básicos da COVID-19, como se transmite, efectos, tratamentos e vacinas.

Sonia Villapol
Sonia Villapol

Coñecer o coronavirus para vencelo.  Nos últimos meses atopámonos inmersos nunha pandemia e todo cambiou de súpeto. En todo o mundo, o novo coronavirus que causa a famosa enfermidade do coronavirus do 2019 (COVID-19) expándese e apaga vidas. O SARS-CoV-2 chegou sen moito aviso e levamos aprendendo pouco a pouco como se transmite, como infecta e como podemos controlalo ou eliminalo. As vacinas son a única ferramenta para unha inmunidade colectiva e, mentres agardamos por elas, temos que aprender a protexernos e protexer, especialmente ás persoas máis vulnerables. Só coa investigación científica imos saír desta, todos e todas a unha. Nunca antes se fixeran tantos avances científicos contra unha enfermidade en tan pouco tempo. Hai que seguir a traballar ata dar cos mellores tratamentos e vacinas eficaces e seguras, mais debemos estar certos de que, unha vez máis, a ciencia será quen nos rescate.

Investigadora no Texas Medical Center (Houston, EEUU), forma parte do equipo de investigación internacional da COVID-19,  https://www.villapol-lab.com/

Sonia Villapol Salgado na Galipedia
Tanto pola súa traxectoria, como pola temática sobre a que versará a conferencia (covid19), como por ser galega  e muller, seguro que merecerá a pena seguila. Falará desde Houston.

 

Veremos o XeoClip para falar do proceso creativo da videoprodución dun proxecto científico. Falando dos pasos, a busca bibliográfica, o formato...

Xacobo
Dr. Xacobo de Toro Cacharrón, Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, A Laracha
Xacobo de Toro Cacharrón e doutor pola Universidade da Coruña. Investigou o elearning no ensino das ciencias.
Profesor no ensino secundario de bioloxía e xeoloxía no IES Agra de Leborís e formador de docentes especializado na vídeo produción en educación e creación de materiais dixitais científicos.
Cocreador dos proxectos de aprendizaxe audiovisual e multimedia  XeoClip e Meteoxenios
Premiado varias veces en Youtubeiras, Ciencia en Acción, Scientix e elixido como biólogo do ano 2019 pola súa participación en proxectos audiovisuais científicos e a promoción do galego na rede.   Varias veces finalista dos pemios EDUCA a mejor docente de España.
 

Este ano quixemos render unha homenaxe poética ás nosas árbores e ás mulleres como creadoras de vida. Para isto contamos coa inestimable axuda das nais do noso alumnado e do grupo de literatura universal. Non esquecemos as figuras de Robert Koch e Ernesto Viéitez. Os alumnos e alumnas do bacharelato prepararon un xornal moi especial.

12  de outubro
O IES 12 de outubro de Ourense celebrando o X día da Ciencia en Galego, formando a táboa periódica

Subscríbete á canle de Igaciencia

Pecharemos as inscricións o día 13 ás 13 horas, para poder procesalas e enviar os correos de aviso e enlace.

 
Taxonomía