Converxencias Arte e Ciencia 2022 na Coruña

Submitted by admin on Lun, 12/06/2021 - 23:31

Converxencias Arte e Ciencia 2022 na Coruña

Converxencias arte e ciencia. Visitas escolares á exposición e obradoiro en abril, do luns 25 ao venres 29. 

A exposición "Converxencias, arte e ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e ay ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH e FP do Concello da Coruña e de toda Galicia.

Está aberta a inscrición a outros centros educativos de Galicia.

Tamén existe a posibilidade de adaptar a sesión a alumnado de 5º e 6º, da Escola de Arte e a Universidade da Coruña.

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Obxecto:

O obxectivo fundamental dos talleres-exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía, primando en todo momento a compoñente didáctica e divulgativa para achegarse ao público xeral e, especialmente, á mocidade. Trátase dunha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas). Unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos, que impliquen ambos os polos.

Desenvolverase no Centro Ágora, A Coruña.

Coordenadas: 43.363208, -8.426765

Na exposición preténdese explorar esa interacción dinámica das conexións entre a arte e a ciencia, para establecer visións integradas e integradoras, para iso selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo.

A viaxe iníciase na arte celta e céntrase especialmente en movementos artísticos dos últimos séculos e remata con obras de arte dixital 3D recentemente expostas en congresos internacionais.

A exposición implicitamente denota taller-exposición, coa seguinte estrutura:

ESTRUTURA E COMPOSICIÓN DA PROPOSTA PARA 2022

Cada grupo realiza as seguintes actividades:

-Presentacn animada sobre o método compositivo e o uso da cor por Juan Gris.

-Parte expositiva

  • Paneis interpretativos que poñen de manifesto as conexións coa ciencia das distintas obras obxecto de análise.
  • Obras de arte dixital impresas en 3D de Manuel Díaz.
  • Novos poliedros realizados por centros educativos e premiados no concurso Novos Poliedros, realizado no 2021.

-Obradoiros

En función das características do grupo, desenvolveranse algúns dos seguintes obradoiros para implementar a parte expositiva:

  •  Conxunto de actividades relacionadas coa simetría:
    • Simetrías 2D (Libros de espellos, escitura de Leonardo, programa os 17 grupos de simetrías…)
    • Simetrías 3d (poliedros, simetrías especulares, caleidoscopios poliédricos…)
  •   Tramas e ilusións ópticas;
  •   Espirais de Fibonacci;
  •  Topoloxía. Cordas topolóxicas e banda de Möebius
  •   Creando e interpretando mosaicos: xogo da Alhambra, tipo Escher, de Penrose
  •   Grupos---Dun poliedro, dunha figura plana
  •   Zome, Polidróns, Icosaedro áureo, Tensegridades, Xogos 3D…
  • Os poliedros na Arte

Cando:

Dende o 25/04/2022 ata o 29/04/2022

Do 25 ao 29 de abril: visitas e talleres para os centros educativos de 2 horas de duración, en horario 9:00 a 11:00, 10:40 a 12:40 ou 12:15 a 14:15.

Do 25 ao 28 de abril: parte expositiva aberta ao público en xeral, en horario de 15.00 a 21.00 h.

Inscricións:

Pártese do calendario conformado coas inscricións realizadas dende o 09/12/2021 ata o 15/01/2022.

Prazo para confirmar, modificar ou desistir da participación os grupos xa inscritos: do 16 ao 28 de febreiro, enviando un correo a secretaria@igaciencia.org

Novo prazo de inscrición para os tramos horarios que queden sen cubrir: desde o día 1, ás 10:00, ata o 15 de marzo de 2022. A inscrición, neste caso, realizarase a través do formulario que figura despois do calendario.

Contacto:

IGACIENCIA

Inés Ben

secretaria@igaciencia.org

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200 (ext. 12041). educacion@coruna.es

Requisitos:

Preferiblemente grupos de ata 40/sesión pero adaptarase o número en función da normativa sanitaria vixente.

En caso de dúbida, establecer contacto a través de secretaria@igaciencia.org

Organizador:

IGACIENCIA http://www.igaciencia.eu

Programa financiado polo Concello da Coruña

Enderezo:

Centro Sociocultural ÁgoraLugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Inscrición: Faise nesta mesma entrada cubrindo o formulario. A orde de inscrición guiará o calendario que poñeremos aquí. Máis información e detalles neste pdf.

A inscricion comeza o día 1 de marzo ás 10 horas do día 01/03/2022.

CONVERXENCIAS ARTE E CIENCIA 2022 A Coruña

Calendario  Visitas concertadas centros educativos.  Luns 25 a venres 29 de ABRIL

               Data  

Horario

Luns, 25

Martes, 26

Mércores, 27

Xoves, 28

Venres, 29

9:00 -11:00

IES de Carral   4º ESO 39

 

CIFP Paseo das Pontes 1º FP básica 20

 

IES Agra do Orzán 1º Bac 32

 

IES PLurilingüe Elviña 1º Bac 24

 

IES Menéndez Pidal  4° ESO 40

 

10:40-12:40

CPI A Xunqueira

3º ESO 31

 

IES Fernando Blanco

3º e 4º ESO 30

 

IES Manuel Murguía

4º ESO 30

 

IES Rafael Puga Ramón 3º ESO 25

 

IES Pl. Rosalía de Castro 1º Bach STEAM 40

 

12:15-14:15

IES Politécnico de Vigo

3º de ESO -40

IES Sofía Casanova de Ferrol

1º e 2º de ESO 40

IES Rafael Puga

3° ESO  28

 

IES Plurilingüe Adormideras-4º ESO 27

 

IES Menéndez Pidal  4° ESO 40

 

Principio del formulario

Data preferida
Luns
Martes
mércores
xoves
Venres
Hora preferida
Exemplos
5º e 6º
2º ESO,3ºESO, 4ºESO, 1º Bach
1º BAC    E  4º ESO
FP de grao Medio
Taxonomía