Converxencias Arte e Ciencia en Lugo

Submitted by admin on Mér, 11/06/2019 - 12:25

Convidamos aos centros educativos, especialmente aos da provincia de Lugo, a participar na exposición  Converxencias Arte e Ciencia  que se realizará no Museo Provincial de Lugo, desde o día 9 de decembr0 de 2019 ao 13 de decembro de 2019, en quendas de  dúas horas (9-11, 11-13, 13-15). Rogamos que os centros do concello de Lugo se apunten para as quendas da primeira hora, para facilitar a asistencia aos centros de fóra do concello. Cada centro, en principio, pode apuntar a un máximo de 50 alumnos.

Resultados da inscrición

Submitted by admin on Ven, 10/11/2019 - 07:13

Moitas grazas ao profesorado e aos centros educativos pola confianza coa que acolledes as actividades de Igaciencia. Esperamos estar á altura das vosas expectativas. Neste momento están inscritos 33 centros educativos, 1153 alumnos e sobre 66 profesores e profesoras.  Tan só sentimos non poder dar cabida a todos os que querían participar na actividade e non atoparon un oco no calendario. 

X Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica

Submitted by admin on Lun, 09/30/2019 - 18:58

A maxia da robótica. Taller e concurso galego de robótica

Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde se adquire a formación precisa para resolver os desafíos da fase de concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas reais, comunicarnos con outras persoas e xestionar múltiples aspectos da nosa vida cotiá.

Realizarase na Coruña no IES Ramón Menéndez Pidal. 

Entrega de premios de Sensores para todos e Inventa en Galego

Submitted by admin on Lun, 06/24/2019 - 09:22

O día 20 de xuño entregamos os merecidos premios aos profesores e alumnos que os acadaron no IES Menéndez Pidal de  A Coruña. Iremos poñendo enlaces e fotos  sucesivamente. Primeiro, enlaces do concello de A Coruña

https://www.coruna.gal/educacion/es/actualidad/noticias/detalle-noticia/entregados-os-premios-do-concurso-sensores-para-todos-2019/suceso/1453699228610

Como vén sendo tradicional, un dos nosos equipos gaña a Superfinal do Rally Matemático en Toulouse

Submitted by admin on Ven, 06/14/2019 - 10:49

Segundo podemos ver na páxina do IES Rosalía de Castro de Santiago

http://www.iesrosalia.net/index.php/novas-e-eventos/383-fase-internacional-do-rally-matematico

ALUMNADO  GAÑADOR DA FASE INTERNACIONAL DO RALLY MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS