Arte e Ciencia

Submitted by admin on Mér, 09/04/2013 - 16:32

Xornadas ARTE E CIENCIA

Que se desenvolverán o 18 e 19 de outubro, cunha duración total de  8 horas homologadas pola Consellería de Educación

 

Os  relatorios tratarán os seguintes temas:

  • -Xustificación da exposición. Arte e ciencia e as súas conexións.
  • -Escher, matemáticas e Arte
  • -Arte e ciencia na pintura: Vasarely, Juan Gris, Dalí, Calder, A Cor...
  • -Símbolos galegos
  • -Arte Dixital 2d e 3d
  • -O número de Ouro. Geogebra e Arte (recoméndase traer portátil con Geogebra instalado)
  • -Cúpulas xeodésicas
  • -Materiais para construír poliedros

Datas e horario de realización:

Lugar: Sala de Exposición da Deputación Provincial de Lugo. San Marcos s/n. Lugo.

Datas: Desenvolverase en outubro de 2013, durante os días 18 e 19

Horario: De 10 a 14 h o sábado e de 16,30 h a 20:30 horas o venres.

Valoración en horas de formación: 8 horas ( xornadas homologadas pola Consellería de Educación)

Prazas: 30

Destinatarios.- Profesorado de Primaria e Secundaria..

Custo da matrícula.- 15 €.

Criterios de selección.- Profesorado en exercicio e orde de chegada da inscrición. Terá prioridade para aquel profesorado que participe ou se comprometa a participar cos seus alumnos na exposición Arte e Ciencia que se celebrará este trimestre en Lugo. Se desexas asistir cos teus alumnos á visita concertada con obradoiros fai a solicitude aquí http://www.igaciencia.eu/node/88

http://www.crtvg.es/informativos/unha-exposicion-mostra-en-lugo-a-union-entre-arte-e-ciencia-670578

Etiquetas