Igaciencia nos XXI Encontros para a Normalización Lingüística
Na Biblioteca do Gaiás, na exposición realizada no marco dos XXI Encontros para a Normalización Lingüística, pódense ver os dous carteis que presentou Igaciencia para responder á solicitude da organización dos encontros:
-Cartel do Día da Ciencia en Galego que, á súa vez, recolle os carteis emitidos con ocasión das 10 edicións que levamos participando e promovendo.
- Cartel no que reflectimos unha mostra das distintas actividades que se desenvolven habitualmente en Igaciencia.
A continuación engadimos algunhas imaxes.
Finalistas da fase galega do Rally Matemático sen Fronteiras
Ledicia polos equipos que participarán na Superfinal en Toulouse o 10 de maio de 2019
1º de ESO Matemáticas, CPR Abrente - Portonovo. Profesor Andrés Hay Hermida
2º de ESO Matemáticas, IES Rosalia de Castro - Santiago. Profesora Mercedes Rodríguez Bruzos
3º de ESO Matemáticas, IES Lauro Olmo - O Barco. Profesora Olalla Varela Silvalde
4º de ESO Matemáticas, CPR Sagrado Corazón - Placeres. Profesor Gaspar Antelo Bernárdez
4º de ESO-Ciencias, Colegio Las Acacias - Vigo. Profesora Mª Victoria Enríquez
Gañadores da fase de Centro do Rally Matemático sen Fronteiras
Parabéns a todos os participantes polos resultados e o bo funcionamento dos grupos! Os gañadores desta fase asistirán á final galega e á entrega de premios o día 5 de abril, en Santiago de Compostela. As probas realizaranse na aula de Bioloxía da Facultade de Química, ás 11:30 horas os grupos de 4º de ESO e ás 12 da mañá os grupos de 1º,2º e 3º de ESO. Os participantes deben acudir co DNI correspondente.
Inventa en Galego (con App Inventor) 2019. Concurso de Sensores 2019
Inventa en Galego (con App Inventor) 2019
As Bases que podedes ver aquí, son semellantes ás dos tres anos anteriores e tamén contará co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Igaciencia. A modo de resumo, céntrase en:
Crear programas en App Inventor por un equipo de alumnos e alumnas de Primaria ou Secundaria de Galicia, presentados por un ou unha profesor/a.
Inscrición no Rally sen Fronteiras 2019
Patrocinan ou colaboran