Centros participantes

Enviado por admin o Ven, 10/11/2019 - 07:13

Moitas grazas ao profesorado e aos centros educativos pola confianza coa que acolledes as actividades de Igaciencia. Esperamos estar á altura das vosas expectativas. Neste momento están inscritos 33 centros educativos, 1153 alumnos e sobre 66 profesores e profesoras.  Tan só sentimos non poder dar cabida a todos os que querían participar na actividade e non atoparon un oco no calendario. 

X Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica

Enviado por admin o Lun, 09/30/2019 - 18:58

A maxia da robótica. Taller e concurso galego de robótica

Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde se adquire a formación precisa para resolver os desafíos da fase de concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas, comunicarnos e saber como darlle ordes a un robot e xestionar múltiples aspectos da vida cotiá nun futuro xa presente.

Realizarase na Coruña no IES Ramón Menéndez Pidal. 

Entrega de premios de Sensores para todos e Inventa en Galego

Enviado por admin o Lun, 06/24/2019 - 09:22

O día 20 de xuño entregamos os merecidos premios aos profesores e alumnos que os acadaron no IES Menéndez Pidal de  A Coruña. Iremos poñendo enlaces e fotos  sucesivamente. Primeiro, enlaces do concello de A Coruña

https://www.coruna.gal/educacion/es/actualidad/noticias/detalle-noticia/entregados-os-premios-do-concurso-sensores-para-todos-2019/suceso/1453699228610

Igaciencia nos XXI Encontros para a Normalización Lingüística

Enviado por admin o Lun, 04/08/2019 - 14:21

Na Biblioteca do Gaiás, na exposición realizada no marco dos XXI Encontros para a Normalización Lingüística, pódense ver os dous carteis que presentou Igaciencia para responder á solicitude da organización dos encontros:

-Cartel do Día da Ciencia en Galego que, á súa vez, recolle os carteis emitidos con ocasión das 10 edicións que levamos participando e promovendo.

- Cartel no que reflectimos unha mostra das distintas actividades que se desenvolven  habitualmente en Igaciencia. 

A continuación engadimos algunhas imaxes.

 

Etiquetas