Do 2 ao 6 de febreiro de 2015
A Coruña
Para completar a viaxe a Coruña para participar no VII Concurso - Obradoiro, visita gratuitamente do 2 ao 6 de febreiro os Museos científicos coruñeses
Inscribirse
e como entidade colaboradora a ETS de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Vigo
Destinatario: alumnado de 5º e 6º de Primaria, ESO, Bacharelato ou FP. Concurso: Os participantes poden optar aos premios do VII concurso escolar galego de robótica.
O criterio de admisión é a orde de inscrición únicamente para a data e horario de participación que se elixe. Por esa razón cómpre mirar antes de cubrir o formulario os xa inscritos no VII Concurso Galego de Robótica e tamén comprobar aí, posteriormente, se está rexistrada a túa inscrición. Revisa o CALENDARIO PROVISIONAL que se irá cumplimentando (a partir do día 8 de decembro).
Cada grupo debe vir acompañado do número de profesores ou profesoras pertinente.
Se un grupo xa inscrito ten un número de alumnos menor a 40 pode inscribirse outro centro no mesmo horario, sempre que a suma dos dous grupos non supere os 40.
Se o grupo que ocupa un determinado tramo horario pertence a un mesmo centro educativo, atendendo ás vosas peticións relacionadas co transporte, pode superar ese límite e chegar ata 50.
Este ano queremos que ao menos un 10% dos inscritos sexan novos participantes polo que, o criterio de orde de inscrición deixará de ser prioritario para os participantes da VI edición unha vez que ocupen o 90% das prazas ofertadas.
Debe dar os datos do seu centro e escoller unhas datas preferidas, a aceptación comunícase a través do CALENDARIO PROVISIONAL que se irá completando na web
Modalidades: Primaria, ESO e Bacharelato-FP
Mira antes os xa inscritos no VII Concurso Galego de Robótica e tamén comproba aí a túa inscrición posterior
Bases
" A maxia da robótica" ten un aliciente a maiores, xa que simultaneamente, os grupos participantes optarán aos premios do concurso galego de robótica, a través dos proxectos que realicen no obradoiro.
Modalidades:
Participando no obradoiro a Maxia da Robótica: Categorías
A)-Primaria (5º e 6º) e 1º da ESO
B)-2º, 3º e 4º de ESO e
C)-Bacharelato ou FP da mesma idade
Cada subgrupo participante estará constituído por 4 ou 5 membros.
Premios: Tres premios en cada categoría de 150, 100 e 50 euros.
Destinatarios: Os centros educativos dos grupos gañadores. Cada centro só pode levar un premio.
A decisión do xurado é inapelable e os premios poden quedar desertos, a xuízo do xurado.
Entre os criterios de valoración figurarán aspectos como: número de probas realizadas e a súa dificultade así como a organización e funcionamento do equipo.
Día 6 de febreiro, ás 18 horas, na Fundación Barrié de Coruña, entrega dos premios
Antes de inscribirte, para poder guiarte na data e hora, mira os xa inscritos no VII Concurso Galego de Robótica e non deixes de comprobar o CALENDARIO PROVISIONAL (apartir do día 8)
- Log in to post comments