Datos do V Congreso de Software Libre e Foro libre para Educación

Submitted by admin on Mon, 05/16/2016 - 16:32

V CONGRESO DE SOFTWARE LIBRE E FORO LIBRE PARA EDUCACIÓN

OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE.-

-Propiciar o intercambio e coñecemento mutuo entre investigadores e profesores de educación na área de software libre e como foro libre de intercambio TIC para o seu uso en educación.

-Brindar a posibilidade de encontro entre todos os profesores e profesoras de Galicia interesados no ensino da área científica-matemática-tecnolóxica, e mesmo das demais áreas do ensino desde o punto de vista do uso de software libre, e o uso en xeral da tecnoloxía para facilitar o intercambio de ideas e experiencias, así como a presentación e difusión de recursos didácticos.

-Ofrecer un  espazo para coñecer mellor e gozar do mundo do software libre e da tecnoloxía en xeral con exposicións de diversas experiencias e mostras.

-Ver as posibilidades de uso do software libre e da tecnoloxía  nas empresas e na FP.

A actividade está orientada a facilitar a actualización do profesorado de Galicia, difundir as novos vieiros de software libre e das tecnoloxías da información e comunicación, (cun senso eminentement practico de obradoiros) impulsar o desenvolvemento da investigación en educación e en software libre e tecnoloxías TIC para a educación, dar a ocasión de coñecer innovacións educativas e difundir distintas liñas para a aprendizaxe e ensinanza das distintas materias da educación.

-Posibilitar a formación de grupos de traballo de interesados nestes temas en toda Galicia.

-No Foro Libre darase a coñecer calquera tema de interese para a Educación.

CONTIDOS.-

Os núcleos temáticos, que serán abordados nas ponencias que se detallarán na convocatoria e programa final de man, son, entre outros:

  • App Inventor 2 
  •  Vídeo en Educación
  • Processing e a Exposición Sensores
  • Mundos 3D en Javascript
  • Arduino e Creación de Música Electrónica.
  •  Uso de Software na Rede Museística Provincial de Lugo
  • Visita á sala de Realidade Virtual do CDTIC Galicia. 
  •  Introdución a  ARDUINO na Educación
  • Novidades sobre Software Libre
  • Robótica Educativa con EV3
  • Realidade aumentada para aprender
  • Coidar Plantas con Arduino
  • Dismedia e Babot
  • Internet das cousas
  • Raspberry Pi con Python e sensores
  •  (OpenElec, Raspberry PI 3, Grove Pi, Python, Lazarus...)
  • Compartindo o coñecemento con licenzas libres
  • Usos educativos da xeomática libre
  • Estudo experimental de magnitudes físicas mediante análise de vídeo con Tracker
  • Modelado en 3D por fotogrametría
  • Diseño Web y herramientas de Internet aplicadas a la docencia
  • Obradoiro de aplicación e creación de materiais de Realidade Aumentada para Ciencias.Datas e horario de realización:
  • Desenvolverase durante os días 30 de xuño e 1 de xullo de 2016,  en horario de 10 a 14 h e de 16 a 20 horas (o día 1 de xullo) e de.de 16 a 20 horas( o día 30 de xuño)

    Valoración en horas de formación: 12 horas (Actividade homologada pola Consellería de Educación con 12 horas)

    Lugar: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)  en Santiago

    Número de Prazas.- 150 homologadas, e 200 en total

    Destinatarios.-Ten prioridade o Profesorado de Primaria e de Secundaria. Aqueles asistentes que non estean identificados en fprofe poderán ter certificación visada da Consellería, coa condición de ter a titulación adecuada e que non superen o 30% do profesorado rexistrado asistente.

    inscrición gratuita. Custo da obtención do diploma matrícula.- 20 € ata o 10 de xuño. Despois, 30 euros

    Criterios de selección.- Profesorado en exercicio e orde de chegada da inscrición -co correspondente pago de matrícula-.

    Homologación-Solicitada homologación á Consellería de Educación por 12 horas   Inscribirse

    Colaboran:  AMTEGACESGA.       Deputación de A Coruña     O  CNTG Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

Inscríbete  Resumos dos relatorios     Cartel      Máis datos do Congreso