Normas 2018 do Rally sen fronteiras

Submitted by admin on Wed, 02/07/2018 - 16:32

Convocatoria do Rallye 2018

O obxectivo do Rallye Mathematique sen frontieres de Toulouse é facer matemáticas nun entorno lúdico e esencialmente non competitivo. A Toulouse imos a participar, a pasalo ben, non a gañarlles aos franceses ou a competir con eles.

Unha proba para ser xusta debe realizarse en igualdade de condicións. As condicións iniciais de participación é que deben participar as clases enteiras. Dado que iso para nós é moi custoso e non é factible enviar as 5 clases enteiras que participen no Rally en Galicia, enviamos equipos reducidos, polo que non cumpren as condicións iniciais de clases enteiras. Os nosos equipos son máis áxiles nas respostas por ser equipos máis pequenos, polo que compre afinar as regras de modo que

a) Se hai equipos gañadores de Galicia deben ser en menor número que os equipos gañadores franceses. O número de participantes totais franceses é moito maior que os galegos e iso debe reflectirse nos resultados. Só poderían competir sen restricións se van equipos galegos con clases enteiras (financiándose pola súa conta).

b) Os equipos gañadores galegos serán decididos polo xurado francés que pode incluir mencións especiais a algún outro equipo.

c) As decisións do xurado francés son inapelables.

Participar no Rallye matemático implica aceptar as bases, entre elas non discutir as decisións do xurado.

Por outra banda, todos os centros deben estar en igualdade de condicións, polo que os destinatarios do Rallye son as clases e centros que preparan ao alumnado con recursos propios do centro. O alumnado dun centro non está cualificado para participar se recibe formación con preparadores externos para as competicións matemáticas. 

Insistimos na temática de todos os anos: Trátase de primar a colaboración entre alumnado do mesmo grupo clase. Todos os grupos deben ser de 8 alumnos agás que participen todos os membros da clase e haxa que adaptar o número para que cadre o número total. Os alumnos e alumnas que formen un grupo para participar deben pertencer á mesma clase. Os centros que se inscriben deben enviar o xade deses alumnos inscritos. Entendemos que a algún centro lle gustaría participar co equipo de ensoño: por ex., os mellores de todo 2º da ESO. Pero iso é saltar as normas e participar con vantaxe sobre os outros participantes. O xade proba que os alumnos son da mesma clase, por iso prégase que ao inscribirse se remita xa o xade correspondente (mellor se veñen subliñados os alumnos inscritos e indicando o centro e grupo no nome do arquivo).

Ademais, a participación debe ser o máis ampla posible e representativa dos centros de Galicia:

Así, un centro só pode ter 1 grupo representante na final de cada un dos cursos e un centro só pode ter dous grupos representantes na final galega de cursos diferentes

Na proba de centro, sen enviar a resposta ampliada os exercicios non serán dados por válidos.