Ciencia en Galego
Conferencia do Dr. Cibrán Santamarina sobre "125 anos de Física Cuántica" en Lugo o día 5 de decembro
Convidamos aos centros educativos que o desexen a acudir á Conferencia
125 anos de Física Cuántica
Concurso Galego de Vídeos Científicos (incluíndo Novos Poliedros)
Entrega de Premios o día 10 de decembro ás 11 horas, na Rúa de San Roque, 2, 15704 Santiago de Compostela
Prazo de inscrición: 3o de novembro. Sen inscribirse non se admiten vídeos.
Videoconferencias do mes da Ciencia en Galego (novembro 2025)
Entre as actividades programadas para esta celebración destacamos:
-Emisión de Videoconferencias realizadas co patrocinio da Xunta de Galicia.
A continuación, figura o programa, que xira sobre as temáticas do Ano Internacional da Física Cuántica, sobre o Ano Internacional da Preservación dos Glaciares e da Xenómica.
Dra. Marta Vila Taboada.
Departamento de Bioloxía. Facultade de Ciencias. UdC.
Data: 6 de novembro, xoves, ás 11 h.
Fotos da conferencia en Lugo de Manuel Andrade Baliño
Conferencia sobre "Asteroides e meteoritos: o evento de Traspena" en Lugo o día 5 de decembro de 2024. Cartel de Historia da Astronomía.
Convidamos aos centros educativos que o desexen a acudir á Conferencia
Asteroides e meteoritos: o evento de Traspena
Apuntádevos ás ideas de vídeos e textos de Astronomía
Que vos parece facer un pequeno vídeo en galego explicando algún dos seguintes exercicios sobre Astronomía?
1. Número de átomos do Sol. Como exemplo unha solución a tedes no vídeo https://www.youtube.com/watch?v=N3XrKKkbdD8 ou no vídeo https://www.youtube.com/watch?v=QTOkXT8CNrI.
2. Que pasa se deixas caer un vaso grande de plástico con 2 buratos preto da base, e cheo de auga en 2 casos a)tapando os buratos cos dedos antes de soltar o vaso b)sen tapalos cando se solta. Porqué?
Videoconferencias do mes da Ciencia en Galego (novembro 2024)
Iremos poñendo aquí, proximamente, as propostas de relatores e relatoras destas videoconferencias, que se realizarán en novembro de 2024, sobre a temática de Astronomía.
Se queredes inscribir xa ao voso centro, ser dos primeiros en facelo, ou poñer a o voso centro como creador da videoconferencia, ou mesmo realizar unha persoal, podedes ir inscribíndovos para que poidamos poñernos en contacto con vós, e organizar a infraestrutura necesaria para as emisións.




