Patrocinan ou colaboran
Irem e Ires de Toulouse e Facultade de Química de Santiago de Compostela.
Edición 2019
As datas de realización das probas da edición do 2019 do Rally científico e matemático sen fronteiras son: o 12 de marzo para a proba en centros (a partir das 4 da tarde, de 4 a 5 matemáticas e de 5 a 6 ciencias) e o 5 de abril para a final galega na Facultade de Química de Santiago. Superfinal, en Toulouse, o 10 de maio.
Iremos poñendo información adicional nesta mesma páxina, pero xa podedes revisar as convocatorias anteriores e incluso inscribirvos aquí Dispoñedes de información complementaria en varios apartados: http://igaciencia.eu/gl/taxonomia/rally e http://www.igaciencia.eu/node/247 que ten as normas 2017 e as probas. En realidade, en cada inscrición anual hai material e información. Na de 2013 hai moitos exercicios. http://www.igaciencia.eu/sites/default/files/2017probascentroMATES.pdf http://www.igaciencia.eu/sites/default/files/Ciencias2017probacentro.pdf O primeiro enderezo mostra as instrucións do 2017. Os seguintes van a apartados onde se atopan as probas do 2016,2015,2014 e 2013
Aqui http://www.igaciencia.eu/en/node/210 é onde podes consultar as probas do 2015 Exames do 2015 aquí
Inscrición de 2015 e probas da edición de 2014
Inscrición de 2014 e probas da edición de 2013
As bases cambiarán pouco respecto aos anos anteriores, pero as poñeremos aquí, así como os exames de 2018. Inscríbete no formulario que segue ao cartel
O día 7 de marzo pecharase a inscrición, non será posible inscribir máis grupos. Bulide...