Proxectos premiados de Sensores para Todos 2019

Enviado por admin o Lun, 06/10/2019 - 10:11

Proxectos premiados no Concurso de Sensores para todos 2019. ORGANIZA: IGACIENCIA   PATROCINA: CONCELLO DE A CORUÑA

Autores

Profesor/a

Curso / Centro

Descrición breve

1º Premio

Tren de lavado automático. Dous tipos de control: autómata programable e Arduino

Nicolás López Quesada,

David Restrepo García,

Iago Rivas Moar,

Gabriel Rodríguez Puente,

Manuel Vilán Del Valle,

Clara Viqueira Martín

Roberto Maneiro Catoira (Matemáticas), Magdalena Carballeira (Orientación),

Ignacio Ríos Suárez (Tecnoloxía) e Francisco Vicente Rodríguez (Tecnoloxía)

2º ESO

IES Rafael Puga Ramón da Coruña

Deseño e materialización dun tren de lavado automático para automóviles en escala 1/24 cuxo control se leve a cabo por un autómata programable ou por Arduino.

2º Premio Compartido

Control PID arduino

Javier Lois Díez /Diego Martínez Quintela/Aitana Martínez Rey.

Brais Fernández ,Samuel Ferro, Guillermo García.

Clara Cidrás Fernández, Iago Codesido Fernández, Alejandro Domínguez Pérez,

Alberto Pampín, David Montes, Yago Chane-Pane.

Mauro Soto, Óscar Toimil, Pablo Torrado.

Roque Alfaro Beiroa, Ana Bañobre Martinez, Manuel Campos Fernández

Jorge Gómez Suárez

1º bacharelato

 Tecnoloxía Industrial I.

IES Rosalía de Castro. Santiago de Compostela

O proxecto consiste nun sistema de control automático tipo PID (control Proporcional, Derivativo e Integral) no que a partir da medición da distancia entre unha bola que se despraza por unha barra un servomotor controlado por Arduino varía a inclinación da barra para intentar manter de xeito automático a bola nunha posición intermedia.

O proxecto está baseado no de Angel Espeso de Estudio Roble (http://roble.uno/) que ten unha Licencia Creative Commons Atribución-Compartir Igual 4.0. Neste enlace podemos ver un exemplo similar o do noso proxecto: Control barra-bola PID El Hormiguero.

2º Premio Compartido

Visor estereoscópico de gráficos vectoriais interactivos

Ariza Abaña, Alejandro

Gil Seoane, Miguel

Hervella Sáinz de la Torre, Julia

Patrón Mayo, Álvaro

Rudiño Lorenzo, Breixo

Ruiz Abete, Carlos Andrés

Sixto Poulsen, Víctor Sloth

Suárez Montes, Óscar

Veiga Feteira, Iván.

Villar Abeijón, Javier

Luz Ramos Lopez

Xabier Lorenzo Abalde

1º Bacharelato

 

Debuxo Técnico I e Tecnoloxía industrial I

IES de Brión

O obxectivo principal é a creación dun visor de obxectos, espazos ou lugares que nos permita obter unha experiencia inmersiva de Realidade Virtual (RV) empregando o xiroscopio dun dispositivo móbil. No noso traballo en particular aplicámolo para a visualización da Illa de San Martiño, illa sur do arquipélago das Illas Cíes.

O resultado principal é a elaboración dun visor de figuras virtuais que nos permite obter unha experiencia de RV inmersiva empregando o xiroscopio (sensor do móbil)

como dispositivo de entrada do movemento, html5, JavaScript como aplicación para o visor e a librería svg.js.

Accesit

Música nas Mans

2

Hugo Vázquez Vázquez, Liam Saborido Sueiro, Lucas Rguez. Liñares, Fernando Hermosilla Alemán e Daniel Barreiro Otero

Paz Freire Campo

Ramón Pasandín Regueira

4º de ESO

Tecnoloxía

 

IES Ramón Menéndez Pidal.

A Coruña

Este é un proxecto con dúas partes (Thereminio e Música nos dedos) cunha introdución común (Música nas mans).

Estes dous proxectos complementarios forman parte dunha iniciativa de crear elementos de axuda empregando sensores para axudar a persoas con diversidade funcional a vivir a música.

Xorde a idea no marco dun proxecto de colaboración entre os dptos de Música e Tecnoloxía coa intención de crear actividades e materiais inclusivos que logo compartiremos con colectivos que poidan estar interesados, como os colexios de Aspanaes e Aspronaga..

O theremin, orixinalmente coñecido como eterófono ou thereminófono,é un dos primeiros instrumentos musicais electrónicos que se controla sen necesidade do contacto físico do intérprete co instrumento.

Accesit

Aqua Mars

Silvia Rodríguez Gómez
Lorena Sobrino Vidal
Laura Gómez López

Natalia Irimia Trigo

3º ESO

IES de Ortigueira

Con este proxecto, preténdese a través da tecnoloxía de software libre de Arduino, a realización dun balance hídrico que intente simular a comparativa de diferentes terreos.

O noso obxectivo é o de establecer un método que nos permitise, no suposto caso de realizar unha misión a Marte, poder comparar patróns do solo de Marte e o solo da Terra.

Este balance permitirá estudar as distintas características que nos atoparemos no solo marciano, e así poder estudar cómo aproveitar o seu comportamento.

Etiquetas