X Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica

Enviado por admin o Lun, 09/30/2019 - 18:58

A maxia da robótica. Taller e concurso galego de robótica

Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde se adquire a formación precisa para resolver os desafíos da fase de concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas, comunicarnos e saber como darlle ordes a un robot e xestionar múltiples aspectos da vida cotiá nun futuro xa presente.

Realizarase na Coruña no IES Ramón Menéndez Pidal. 

A quen vai dirixido?:

Alumnado dos seguintes niveis e categorías (en cada unha delas o centro gañador recibirá un premio en material funxible. Cada centro só pode levar un premio ):

  • 5º e 6º de EP e 1º ESO
  • de 2º a 4º de ESO
  • BACH e FP de grao medio

Localización do centro participante: de calquera concello

Titularidade do centro: Público, Concertado, Privado

Cando: dende o 25/11/2019 ata o 29/11/2019

Horario: de 9 a 15 horas e 16 a 18 horas, agás os martes e venres, que se desenvolverá en horario de mañá.

En sesións de 9.00 a 11.00 h; 10.00 a 12.00 h; 11.00 a 13.00 h; 12.00 a 14.00 h; 13.00 a 15.00 h; e 16.00 a 18.00 h (excepto o martes e o venres).

Prezo / CustoGratuíto.

O servizo de transporte para os centros educativos públicos do municipio da Coruña correrá a cargo do Servizo Municipal de Educación.

Obxecto:

Aprender de modo lúdico e en 2 horas os conceptos básicos e rudimentos da programación de robótica e resolver unha pequena colección de problemas de robótica do concurso. O enfoque é ver a programación como unha habilidade que calquera pode adquirir, sen importar a idade, nin a formación previa.

Ademais preténdese que o alumnado sinta a paixón pola aprendizaxe, a de integrarse nun grupo no cal deben compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo para poder resolver os desafíos que se lles propón ao longo da experiencia. Ofréceselle ao alumnado a oportunidade de desenvolver a creatividade, o pensamento algorítmico e a habilidade para solucionar problemas.

Taller-exposición 

Duración: 2 horas; co apoio de 8 monitores/as e 15 robots lego EV3, cun sistema de programación baseado en Labview, o estándar en control.

Cada grupo comeza o seu percorrido cunha presentación e iniciará a familiarización coa linguaxe icónica de programación EV3.

A continuación realizarán o taller interactivo, conformado por unha serie de postos cun ordenador e un pack lego xa preensamblado de diversas actividades interactivas, no que realizarán os primeiros programas de forma titorizada por monitorares/as e trasladaranos aos robots para que procedan a executalos e contrasten as accións realizadas coas programadas, coa finalidade de darlle vida e facerlle funcionar ao robot.

Fase de concurso: por último, entregaránselles unha serie de desafíos de dificultade progresiva que deben resolver en grupo mediante traballo colaborativo. As tarefas implicarán unha programación sinxela dun robot e unha adaptación a nivel construtivo.

Por cada desafío realizado correctamente, asignaráselles unha puntuación predeterminada que, unha vez sumada, determinará o seu posto na clasificación final do concurso.

Requisitos:

Ofértase a preto de 30 centros (dependendo de cantos alumnos asistan por centro), pois desenvolveranse dúas liñas simultáneas.

Para participar non é necesario que o alumnado reciba preparación previa.

Preferiblemente grupos de ata 40 alumnos/as, máximo 50 por sesión.

Recursos humanos:  Monitores/as especializados/as

Actividade desenvolvida en colaboración co Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña.
Contacto:

IGACIENCIA, Inés Ben secretaria@igaciencia.org    Servizo Municipal de Educación, Tel.: 981 184 200 ext. 12038

Inscricións:

A través da ficha de inscrición que figura a continuación e de acordo cos seguintes prazos.

Prazo de inscrición: do 4 ao 26 de outubro de 2019

  • Do 4 ao 10: para os centros do Concello da Coruña e 1 grupo por centro
  • Do 11 ao 18: para os centros de fóra do Concello da Coruña e 1 grupo por centro
  • Do 19 ao 26: se quedan prazas libres, inscrición para todos os centros dun segundo grupo

Antes de realizar a inscrición é conveniente que lembres que:

Cómpre mirar antes de cubrir o formulario o CALENDARIO PROVISIONAL  que se irá cumplimentando paulatinamente, de maneira case inmediata os dous primeiros días. Posteriormente débese comprobar se o centro aparece no calendario pois esa é a confirmación de que a inscrición se realizou con éxito.

Pregamos encarecidamente que os centros da cidade de Coruña ocupen preferentemente o horario de 9 a 11 (ou nas primeiras horas).

Mirade a páxina de resultados da inscrición http://igaciencia.eu/node/325