Convidamos os centros educativos a participar nas seguintes videoconferencias que despois de celebradas poderán ser vistas na canle
de Igaciencia http://www.youtube.com/igaciencia1
Enfoque científico dos conceptos básicos da COVID-19, como se transmite, efectos, tratamentos e vacinas.
Coñecer o coronavirus para vencelo. Nos últimos meses atopámonos inmersos nunha pandemia e todo cambiou de súpeto. En todo o mundo, o novo coronavirus que causa a famosa enfermidade do coronavirus do 2019 (COVID-19) expándese e apaga vidas. O SARS-CoV-2 chegou sen moito aviso e levamos aprendendo pouco a pouco como se transmite, como infecta e como podemos controlalo ou eliminalo. As vacinas son a única ferramenta para unha inmunidade colectiva e, mentres agardamos por elas, temos que aprender a protexernos e protexer, especialmente ás persoas máis vulnerables. Só coa investigación científica imos saír desta, todos e todas a unha. Nunca antes se fixeran tantos avances científicos contra unha enfermidade en tan pouco tempo. Hai que seguir a traballar ata dar cos mellores tratamentos e vacinas eficaces e seguras, mais debemos estar certos de que, unha vez máis, a ciencia será quen nos rescate.
Investigadora no Texas Medical Center (Houston, EEUU), forma parte do equipo de investigación internacional da COVID-19, https://www.villapol-lab.com/
Sonia Villapol Salgado na Galipedia
Tanto pola súa traxectoria, como pola temática sobre a que versará a conferencia (covid19), como por ser galega e muller, seguro que merecerá a pena seguila. Falará desde Houston.
Veremos o XeoClip para falar do proceso creativo da videoprodución dun proxecto científico. Falando dos pasos, a busca bibliográfica, o formato...
Este ano quixemos render unha homenaxe poética ás nosas árbores e ás mulleres como creadoras de vida. Para isto contamos coa inestimable axuda das nais do noso alumnado e do grupo de literatura universal. Non esquecemos as figuras de Robert Koch e Ernesto Viéitez. Os alumnos e alumnas do bacharelato prepararon un xornal moi especial.
Subscríbete á canle de Igaciencia
Pecharemos as inscricións o día 13 ás 13 horas, para poder procesalas e enviar os correos de aviso e enlace.