XII Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica e dos drons

Enviado por admin o Dom, 09/12/2021 - 17:21

A maxia da robótica. Taller e concurso galego de robótica

Ver as prazas xa cubertas antes de inscribirse

Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde se adquire a formación precisa para resolver os desafíos da fase de concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas, comunicarnos e saber como darlle ordes a un robot e xestionar múltiples aspectos da vida cotiá nun futuro xa presente.

Realizarase na Coruña no Centro Ágora. 

A quen vai dirixido?:

Alumnado dos seguintes niveis agrupados en dúas categorías:

  • de 1º a 4º de ESO
  • BACH e FP de grao medio

En cada unha delas o centro gañador recibirá un premio de 300 euros. Cada centro só pode levar un premio. Ademais haberá un premio especial ao centro mellor clasificado do Concello da Coruña.

Localización do centro participante: de calquera concello

Titularidade do centro: Público, Concertado, Privado

Cando: dende o 15/11/2021 ata o 19/11/2021

Horario: de 9 a 15 horas, agás os martes, que se desenvolverá en horario de tarde.

En sesións de 9.00 a 10.30 h; 10.30 a 12.00 h; 12.00 a 13.30 h; 13.30 a 15.00 h

Os martes, sesión de tarde, de 4 a 8:30: de 16.00 a 17.30 h; 17.30 a 19.00 h; 19.00 a  20.30 h

Ademais dos premios citados, ofertarase, o día 22 de novembro,  un obradoiro-concurso (optativo) de programación de drons para dous alumnos que teñan participado en robótica por cada centro. No concurso de drons tamén se dará un premio por categoría.

A continuación efectuarase a entrega dos cinco premios citados.

Prezo / CustoGratuíto.

Obxectivo:

Aprender de modo lúdico e en 2 horas os conceptos básicos e rudimentos da programación de robótica e resolver unha pequena colección de problemas de robótica do concurso. O enfoque é ver a programación como unha habilidade que calquera pode adquirir, sen importar a idade, nin a formación previa.

Ademais preténdese que o alumnado sinta a paixón pola aprendizaxe, a de integrarse nun grupo no cal deben compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo para poder resolver os desafíos que se lles propón ao longo da experiencia. Ofréceselle ao alumnado a oportunidade de desenvolver a creatividade, o pensamento algorítmico e a habilidade para solucionar problemas.

Taller-exposición 

Formación previa: cada grupo comeza o seu percorrido cunha presentación e iniciará a familiarización coa linguaxe icónica de programación EV3 de maneira online vendo os dous vídeos de Igaciencia Video de Robótica1 e o VideodeRobótica2

Actividade presencial: hora e media; co apoio de 5 monitores/as e 15 robots lego EV3, cun sistema de programación baseado en Labview, o estándar en control.

Xa no Centro Ágora, realizarán o taller interactivo, conformado por unha serie de postos cun ordenador e un pack lego xa preensamblado de diversas actividades interactivas, no que realizarán os primeiros programas de forma titorizada por monitores/as e trasladaranos aos robots para que procedan a executalos e contrasten as accións realizadas coas programadas, coa finalidade de darlle vida e facerlle funcionar ao robot.

Fase de concurso: por último, entregaránselles unha serie de desafíos de dificultade progresiva que deben resolver en grupo mediante traballo colaborativo. As tarefas implicarán unha programación sinxela dun robot e unha adaptación a nivel construtivo.

Por cada desafío realizado correctamente, asignaráselles unha puntuación predeterminada que, unha vez sumada, determinará o seu posto na clasificación final do concurso.

Requisitos:

Preferiblemente grupos de ata 40 alumnos/as por sesion. Sempre e cando sexa posible en función das normas sanitarias vixentes.

Que 0 alumnado visualice os dous vídeos xa citados anteriormente como preparación previa.

Recursos humanos:  Monitores/as especializados/as

Familiarización e Concurso de drons

O día 22 de novembro  realizaremos no centro Ágora, en dúas quendas (de 10 a 11:50 e de 12 a 13:50), a previa familiarización e o concurso de programación de drons, cos alumnos escollidos por cada centro participante.  Non é pecisa formación previa.

A continuación, a entrega de todos os premios.

Actividade desenvolvida en colaboración co Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña.
Contacto:

IGACIENCIA, Inés Ben secretaria@igaciencia.org    Servizo Municipal de Educación, Tel.: 981 184 200 ext. 12041

Inscricións:

A través da ficha de inscrición que figura a continuación e de acordo cos seguintes prazos.

Prazo de inscrición: do 4 ao 26 de outubro de 2019

  • Do 4/10, ás 10 h, ao 10/10, ás 14 h: para os centros do Concello da Coruña e 1 grupo por centro
  • Do 11/10, ás 10 h, ao 18/10, ás 14 h: para os centros de fóra do Concello da Coruña e 1 grupo por centro
  • Do 19/10, ás 10 h, ao 26/10: se quedan prazas libres, inscrición para todos os centros dun segundo grupo

Antes de realizar a inscrición é conveniente que lembres que:

Cómpre mirar antes de cubrir o formulario o CALENDARIO PROVISIONAL, na páxina de resultados da inscrición,  que se irá cumplimentando paulatinamente, de maneira case inmediata os dous primeiros días. Posteriormente débese comprobar se o centro aparece no calendario pois esa é a confirmación de que a inscrición se realizou con éxito.

Pregamos encarecidamente que os centros da cidade de Coruña ocupen preferentemente o horario de 9 a 10:30.

Mirade a páxina de resultados da inscrición http://igaciencia.eu/node/369

Data preferida
Luns
Martes só pola tade de 4 a 8
mércores
xoves
venres
Hora preferida
O martes de 16-17:30 horas
O martes de 17:30-19 horas
O martes de 19-20:30 horas
O martes non hai
Exemplos
5º e 6º
2º ESO,3ºESO, 4ºESO, 1º Bach
1º BAC    E  4º ESO
FP de grao Medio
Taxonomía