XIII Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica e dos drons

Enviado por admin o Dom, 09/04/2022 - 15:06

Concello da CoruñaXIII Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica e dos drons

 Taller e concurso galego de robótica e dos drons

Ver as prazas xa cubertas antes de inscribirse

Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde se adquire a formación precisa para resolver os desafíos da fase de concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas, comunicarnos e saber como darlle ordes a un robot e xestionar múltiples aspectos da vida cotiá nun futuro xa presente.

Realizarase na Coruña no Centro Ágora. 

A quen vai dirixido?:

Alumnado dos seguintes niveis agrupados en dúas categorías:

  • de 1º a 3º de ESO
  • 4º de ESO, BACH e FP de grao medio

En cada unha delas o centro gañador recibirá un premio de 300 euros. Cada centro só pode levar un premio. Ademais haberá un premio especial ao centro mellor clasificado do Concello da Coruña.

Localización do centro participante: de calquera concello

Titularidade do centro: Público, Concertado, Privado

Cando: dende o 07/11/2022 ata o 11/11/2022

Horario: de 9 a 15 horas.

En sesións de 9.00 a 10.30 h; 10.30 a 12.00 h; 12.00 a 13.30 h; 13.30 a 15.00 h

Ademais dos premios citados, ofertarase, os días 9 e 10 de novembro, pola tarde, un obradoiro-concurso (optativo) de programación de drons para tres alumnos, que teñan participado en robótica, por cada centro. No concurso de drons tamén se dará un premio por categoría.

A continuación efectuarase a entrega dos seis premios citados o venres, día 11, ás 17:30 h

Prezo / CustoGratuíto.

Obxectivo:

Aprender de modo lúdico os conceptos básicos e rudimentos da programación de robótica e resolver unha pequena colección de problemas de robótica do concurso. O enfoque é ver a programación como unha habilidade que calquera pode adquirir, sen importar a idade, nin a formación previa.

Ademais preténdese que o alumnado sinta a paixón pola aprendizaxe, a de integrarse nun grupo no cal deben compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo para poder resolver os desafíos que se lles propón ao longo da experiencia. Ofréceselle ao alumnado a oportunidade de desenvolver a creatividade, o pensamento algorítmico e a habilidade para solucionar problemas.

Presentación- Obradoiro - Concurso

Formación previa, en cada centro educativo: cada grupo comeza o seu percorrido vendo os dous vídeos de Igaciencia Video de Robótica1 e o VideodeRobótica2 para iniciar así a familiarización cos robots e coa linguaxe icónica de programación EV3.

Actividade presencial, no centro Ágora: hora e media; co apoio de 5 monitores/as e 15 robots lego EV3, cun sistema de programación baseado en Labview, o estándar en control.

Na primeira media hora, realizarán un Taller interactivo, conformado por unha serie de postos cun ordenador e un pack lego xa preensamblado de diversas actividades, no que realizarán os primeiros programas de forma titorizada por monitores/as e trasladaranos aos robots para que procedan a executalos e contrasten as accións realizadas coas programadas, coa finalidade de darlle vida e facerlle funcionar ao robot.

A continuación, a Fase de concurso ocupara a hora seguinte. Aínda que ten as características dun concurso, nesta fase tamén se vela especialmente por darlle continuidade á aprendizaxe.   O alumnado recibirá unha serie de desafíos de dificultade progresiva que deben resolver en grupo mediante traballo colaborativo. As tarefas implicarán unha programación sinxela dun robot e unha adaptación a nivel construtivo. Por cada desafío realizado correctamente, asignaráselles unha puntuación predeterminada que, unha vez sumada, determinará o seu posto na clasificación final do concurso.

Requisitos:

Preferiblemente grupos de ata 40 alumnos/as por sesion.

Que 0 alumnado visualice os dous vídeos xa citados anteriormente como preparación previa.

Recursos humanos:  Monitores/as especializados/as

Familiarización e Concurso de drons. Drons na aula. Manexo e programación con Droneblocks

Trátase de propiciar a introdución na aula dunha tecnoloxía novidosa e motivadora, e de acadar obxectivos educativos a través do manexo e programación con Droneblocks do dron Tello.

Abordaranse as posibilidades e limitacións para o voo de drons. As súas características e manexo, así como a forma de interaccionar e controlar un dron desde un ordenador ou dispositivo móbil. Realizarase a programación de drons utilizando Droneblocks, que está baseado en Scratch (lenguaje de programación a través de bloques, creado polo MIT).

Obxectivos:

Ao traballar con drons, en tanto que robots voadores, refórzanse os obxectivos pretendidos coa actividade de robótica, amais doutros engadidos pola súa capacidade de voar. Destacamos, entre outros:

-Desenvolver o pensamento computacional, incorporando o potencial do razoamento lóxico (eventos, secuencias, bucles, variables, funciones, condicionais …), como sistema de resolución de problemas.

-Desenvolver o pensamento crítico, a comunicación e o deseño colaborativos.

-Mellorar a orientación e visualización espacial.

Destinatarios:

Alumnado dos seguintes niveis agrupados en dúas categorías:

  • de 1º a 3º de ESO
  • 4º de ESO, BACH e FP de grao medio

Criterios de admisión:

-Os centros inscritos en Robótica terán preferencia, ata o 16/10, para  inscribir un equipo de 3 membros na actividade de Drons. Despois desa data, de quedar prazas libres, calquera centro poderá inscribir  un equipo de drons.

-Terán preferencia os equipos de centros que non desenvolveran proxectos con drons, xa que se pretende facilitar a introdución desta tecnoloxía na aula.

Desenvolvemento:

A participación será en sesións de hora e media, a falta de concretar algúns aspectos, barállanse as seguintes datas e horarios:

-Días 9 e 10 de novembro, mércores e xoves, en dúas quendas (de 16:00 a 17:30 e de 17:45 a 19:15).

Non é precisa formación previa, pero solicitase que se visualice previamente o vídeo que se elaborou para iniciar a familiarización,

Drons tello na aula. Manexo e programación con Droneblocks https://www.youtube.com/watch?v=KqZe2QPYDxg

O vídeo recolle todos os aspectos que consideramos de interese para o manexo e programación dos drons. Será imprescindible a visualización dos seguintes capítulos: - Introdución aos drons 00:00 a 11:36 e -O dron Tello para uso educativo 11:36 a 15:13.

Tede en conta que vai haber 1 premio por categoría: Eso e Bacharelato e mellor centro do concello da Coruña

O grupo de alumnos concursará pola categoría máis alta, se son de distinta categoría.

 

O alumnado participante deberá vir provisto de móbil, no que debe traer instalados os seguintes programas: 

-DroneBlocks e Tello.

Por se tedes dúbidas enviamos os enlaces exactos dos dous programas

Para Apple IOS Tello

https://apps.apple.com/es/app/tello/id1330559633

Para Android  Tello

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.ryzerobotics.tello&hl=es&gl=US

Para Apple IOS DroneBlocks

https://apps.apple.com/us/app/droneblocks/id1045826508

Para Android DroneBlocks

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.unmannedairlines.droneblocks&hl=es&gl=US

 

A entrega de todos os premios dos dous concursos, o venres, día 11, ás 17:30 h, porá fin a estas actividades.

Actividade desenvolvida en colaboración co Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña.
Contacto:

IGACIENCIA, Inés Ben secretaria@igaciencia.org    Servizo Municipal de Educación, Tel.: 981 184 200 ext. 12041

Inscricións en ROBÓTICA e/ou en DRONS:

A través da ficha de inscrición que figura a continuación e de acordo cos seguintes prazos.

Prazo de inscrición: do 3 ao 24 de outubro de 2022

  • Do 3/10, ás 10 h, ao 9/10, ás 14 h, para os centros do Concello da Coruña: 1 grupo por centro na actividade de Robótica o que, á súa vez, dará opción a inscribir 1 equipo por centro na actividade de Drons, de ter interese en participar tamén nesta actividade.
  • Do 10/10, ás 10 h, ao 16/10, ás 14 h, para os centros de fóra do Concello da Coruña coas mesmas condicións que figuran no apartado anterior.
  • Dado que o calendario de robótica está completo e hai unha lista de agarda considerable, podemos considerar pechado o prazo de inscrición en Robótica e deixar sen validez, para o caso da Robótica, a seguinte condición:
  • Do 17/10, ás 10 h, ao 26/10: se quedan prazas libres, inscrición para todos os centros dun segundo grupo ou ben un equipo en drons se quedan prazas libres.

Antes de realizar a inscrición é conveniente que lembres que:

Cómpre mirar antes de cubrir o formulario os CALENDARIOS PROVISIONAIS, nas páxinas respectivas de resultados da inscrición,  que se irán cumplimentando paulatinamente, de maneira case inmediata os dous primeiros días. Posteriormente débese comprobar se o centro aparece no calendario pois esa é a confirmación de que a inscrición se realizou con éxito.

Pregamos encarecidamente que os centros da cidade de Coruña ocupen preferentemente o horario de 9 a 10:30.

Mirade a páxina de resultados da inscrición en Robótica http://igaciencia.eu/node/392

Páxina de resultados da inscrición en Drons http://igaciencia.eu/gl/node/395

Imos analizar as peticións de drons. As de robótica están pechadas. Se algún centro non pode asistir, por favor, nolo counique.

Continuación da inscrición de Drons na Aula. Fixádevos que o día 9 é no CIFP Universidade Laboral de Culleredo e o día 10 no IES Menéndez Pidal (Zalaeta) da Coruña

Taxonomía