Conferencia sobre Ángeles Alvariño en Lugo o día 1 de decembro de 2022

Enviado por admin o Ven, 11/18/2022 - 08:55

O día 1 de decembro de 2022, ás 12 horas convocamos aos centros educativos que o desexen a acudir á Conferencia sobre Ángeles Alvariño, titulada: Ángeles Alvariño, a vontade de facer ciencia de calidade en condicións difíciles” impartida polo Doutor Xosé Fraga, autor, precisamente, da biografía de Ángeles Alvariño no Album da Ciencia.

Como o aforo está limitado a 160 persoas podes inscribir unha clase túa para asistir aquí mesmo. Alumnos preferiblemente de Bacharelato. Cando se cubran as prazas pecharemos a inscrición.

O lugar, Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo

Co patrocinio da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo e co motivo do Día da Ciencia en Galego 2022 que lle dedicamos á Ángeles

O video da Fundación Tic xa está en youtube.com/@igaciencia1 exactamente en https://youtu.be/G1Rmpq6HdXg

Foto de El Progreso de Lugo 02-12-2022

Taxonomía