Os Poliedros do IES Carlos Casares
O poliedro dos cubos, leva o nome de Cubisares. Foi feito no club de ciencias fixeron o poliedro dos cubos en varias versións co profesorado de matemáticas e tecnoloxía, coordinados pola profesora Noemia Ortega Dorado. Fixeron varias versións utilizando impresora 3D, cortadora de fío quente e origami. Finalmente presentan unha versión feita con cortadora que leva nas caras a 4 científicas e tamén ten caras de espello indicando as persoas que se miren que a seguinte pode ser ela.
O poliedro dos tetraedros traballouno todo o alumnado de 3º de ESO coordinados pola profesora Laura Sánchez Fernández. O traballo tipo 3 etapas, dúas obligatorias e a final voluntaria: na primeira tiñan que analizar a figura e indicar cómo estaba formada darlle nome e facer unha proposta de como a construirían, logo facer un pequeno prototipo para ver que a proposta era construible e finalmente, de xeito voluntario, entregar a versión final para concurso. O poliedro seleccionado leva o nome de Maio Multipiramidal.
Por un lado, alumnado do Cubisares (o nome é combinación de cubo e Carlos Casares, escritor galego e nome do centro)
Mauro Román Fernández
Samuel Vázquez Fernández
Xiana Kinga Álvarez Strzemkowski
Zoe Seijas Fernández
O alumnado do Maio Piramidal (a figura lles recordou a un maio, elemento típico da cultura galega, e así o adornaron)
Aixa Soliño Rodríguez
Antía Pedrosa Mariño
Carme Vila Bastero
Carmen Figueroa Ramilo
Erín Quevedo Ferrnández
Uxía Fontaíña Otero
Máis fotos do Club de Ciencias
- Log in to post comments