XV Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica e dos drons
Taller e concurso galego de robótica
Ver as prazas xa cubertas antes de inscribirse
Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde se adquire a formación precisa para resolver os desafíos da fase de concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas, comunicarnos e saber como darlle ordes a un robot e xestionar múltiples aspectos da vida cotiá nun futuro xa presente.
Realizarase na Coruña no Centro Municipal de Emprego (Os Rosales). Estrada dos Fortes, 16 e Rúa Simón Bolivar, s/n. 15011 A Coruña
A quen vai dirixido?:
Alumnado dos seguintes niveis agrupados en dúas categorías:
- de 1º a 3º de ESO
- 4º de ESO, BACH e FP de grao medio
En cada unha delas o centro gañador recibirá un premio de 300 euros. Cada centro só pode levar un premio. Ademais haberá un premio especial ao centro mellor clasificado do Concello da Coruña.
Localización do centro participante: de calquera concello
Titularidade do centro: Público, Concertado, Privado
Cando: dende o 21/10/2024 ata o 25/10/2024
Horario: de 9:00 a 14:30 horas.
En sesións de 9:00 a 10:30 h; 10:20 a 11:50 h; 11:40 a 13:10 h; 13:00 a 14:30 h
Ademais dos premios citados, ofertarase un obradoiro-concurso (optativo) de programación de drons para equipos de tres estudantes, para centros que estean inscritos en Robótica. Esa actividade levarase a cabo esa semana en dúas tardes a concretar. No concurso de drons tamén se dará un premio por categoría e outro para o centro mellor clasificado do Concello da Coruña.
A continuación efectuarase a entrega dos seis premios citados o venres, día 25, ás 17:30 h.
Prezo / Custo: Gratuíto.
Obxectivo:
Aprender de modo lúdico os conceptos básicos e rudimentos da programación de robótica e resolver unha pequena colección de problemas de robótica do concurso. O enfoque é ver a programación como unha habilidade que calquera pode adquirir, sen importar a idade, nin a formación previa.
Ademais preténdese que o alumnado sinta a paixón pola aprendizaxe, a de integrarse nun grupo no cal deben compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo para poder resolver os desafíos que se lles propón ao longo da experiencia. Ofréceselle ao alumnado a oportunidade de desenvolver a creatividade, o pensamento algorítmico e a habilidade para solucionar problemas.
Presentación- Obradoiro - Concurso
Formación previa, en cada centro educativo: cada grupo comeza o seu percorrido vendo os dous vídeos de Igaciencia Video de Robótica1 e o VideodeRobótica2 para iniciar así a familiarización cos robots e coa linguaxe icónica de programación EV3.
Actividade presencial, no Centro Municipal de emprego dos Rosais: hora e media; co apoio de 5 monitores/as e 15 robots lego EV3, cun sistema de programación baseado en Labview, o estándar en control.
Na primeira media hora, realizarán un Taller interactivo, conformado por unha serie de postos cun ordenador e un pack lego xa preensamblado de diversas actividades, no que realizarán os primeiros programas de forma titorizada por monitores/as e trasladaranos aos robots para que procedan a executalos e contrasten as accións realizadas coas programadas, coa finalidade de darlle vida e facerlle funcionar ao robot.
A continuación, a Fase de concurso ocupara a hora seguinte. Aínda que ten as características dun concurso, nesta fase tamén se vela especialmente por darlle continuidade á aprendizaxe. O alumnado recibirá unha serie de desafíos de dificultade progresiva que deben resolver en grupo mediante traballo colaborativo. As tarefas implicarán unha programación sinxela dun robot e unha adaptación a nivel construtivo. Por cada desafío realizado correctamente, asignaráselles unha puntuación prefixada que, unha vez sumada, determinará o seu posto na clasificación final do concurso.
Requisitos:
Preferiblemente grupos de ata 40 alumnos/as por sesión.
Que o alumnado visualice os dous vídeos xa citados anteriormente como preparación previa.
Recursos humanos: Monitores/as especializados/as
Taller e concurso de drons
Familiarización e Concurso de drons. Drons na aula. Manexo e programación con Droneblocks
Trátase de propiciar a introdución na aula dunha tecnoloxía novidosa e motivadora, e de acadar obxectivos educativos a través do manexo e programación con Droneblocks do dron Tello.
Abordaranse as posibilidades e limitacións para o voo de drons. As súas características e manexo, así como a forma de interaccionar e controlar un dron desde un ordenador ou dispositivo móbil. Realizarase a programación de drons utilizando Droneblocks, que está baseado en Scratch (lenguaje de programación a través de bloques, creado polo MIT).
Obxectivos:
Ao traballar con drons, en tanto que robots voadores, refórzanse os obxectivos pretendidos coa actividade de robótica, amais doutros engadidos pola súa capacidade de voar. Destacamos, entre outros:
-Desenvolver o pensamento computacional, incorporando o potencial do razoamento lóxico (eventos, secuencias, bucles, variables, funciones, condicionais …), como sistema de resolución de problemas.
-Desenvolver o pensamento crítico, a comunicación e o deseño colaborativos.
-Mellorar a orientación e visualización espacial.
Destinatarios:
Alumnado dos seguintes niveis agrupados en dúas categorías:
- de 1º a 3º de ESO
- 4º de ESO, BACH e FP de grao medio
Criterios de admisión:
-Os centros inscritos en Robótica terán preferencia para inscribir equipos de 3 membros na actividade de Drons. Ver prazos e condicións en Inscricións en ROBÓTICA e/ou en DRONS .
-Terán preferencia os equipos de centros que non desenvolveran proxectos con drons, xa que se pretende facilitar a introdución desta tecnoloxía na aula.
Desenvolvemento:
Realizarase nun centro a determinar IES Menéndez Pidal (Zalaeta). A participación será en sesións de tarde de hora e cuarto, nas seguintes datas e horarios:
-O 21 e 22 de outubro, en 2 quendas de 16:30 a 17:45 horas e de 17:45 a 19:00 horas.
Non é precisa formación previa, pero solicitase que se visualice previamente o vídeo que se elaborou para iniciar a familiarización,
Drons tello na aula. Manexo e programación con Droneblocks https://www.youtube.com/watch?v=KqZe2QPYDxg
O vídeo recolle todos os aspectos que consideramos de interese para o manexo e programación dos drons. Será imprescindible a visualización dos seguintes capítulos: - Introdución aos dróns 00:00 O dron Tello para uso educativo 11:36. Sería moi conveniente ver tamén: Manexo do dron Tello desde a app 16:55 Modos de voo coa app Tello 21:54 Programación con Droneblocks 24:49 ata 37:14.
Tede en conta que vai haber 1 premio por categoría: Eso e Bacharelato e mellor centro do concello da Coruña
O equipo de alumnos concursará pola categoría máis alta, se son de distinta categoría.
O alumnado participante deberá vir provisto de móbil, no que debe traer instalados os seguintes programas:
-DroneBlocks e Tello.
Por se tedes dúbidas enviamos os enlaces exactos dos dous programas
Para Apple IOS Tello
https://apps.apple.com/es/app/tello/id1330559633
Para Android Tello
Aplicación Tello de DJI, o seu fabricante, https://www.dji.com/es/downloads/djiapp/tello é unha apk (hai que escoller Android) e permitir instalar apk en axustes.
Para Apple IOS DroneBlocks
https://apps.apple.com/us/app/droneblocks/id1045826508
Para Android DroneBlocks
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.unmannedairlines.droneblocks&hl=es&gl=US
Nesta páxina veñen indicados os móviles cos que é compatible a aplicación
A entrega de todos os premios dos dous concursos, o venres, día 25, ás 17:30 h, porá fin a estas actividades.
Actividade desenvolvida en colaboración co Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña.
Contacto:
IGACIENCIA, Inés Ben secretaria@igaciencia.org Servizo Municipal de Educación, Tel.: 981 184 200 ext. 10260
Inscricións en ROBÓTICA e/ou en DRONS:
A través da ficha de inscrición que figura a continuación e de acordo cos seguintes prazos.
Prazo de inscrición: do 26 de setembro ao 11 de outubro de 2024
-Do 26/09, ás 10 h, ao 2/10, para os centros do Concello da Coruña: 1 grupo por centro na actividade de Robótica o que, á súa vez, dará opción a inscribir 1 equipo por centro na actividade de Drons, de ter interese en participar tamén nesta actividade.
-Do 3/10, ás 10 h, ao 8/10, para os centros de fóra do Concello da Coruña coas mesmas condicións que figuran no apartado anterior.
-Do 9/10, ás 10 h, ao 11/10, se quedan prazas libres, inscrición para todos os centros dun segundo grupo en Robótica e/ou equipo en drons. Tamén terán opción de inscribir un equipo en Drons calquera centro, aínda que non estea inscrito en Robótica.
CALENDARIO INSCRICIÓN ROBÓTICA E DRONS |
|||||||||||||||
....... |
1 grupo centros Concello A Coruña |
0.00 |
1 grupo centros fóra do Concello |
||||||||||||
…..… |
Segundo grupo centros inscritos. 1 equipo en drons a maiores calquera centro, aínda que non estea inscrito en robótica |
||||||||||||||
SETEMBRO 2024 |
|
OUTUBRO 2024 |
|||||||||||||
L |
M |
Me |
X |
V |
S |
D |
|
L |
M |
Me |
X |
V |
S |
D |
|
|
|
|
|
|
|
1 |
|
|
1 |
2 |
3 |
4 |
5 |
6 |
|
2 |
3 |
4 |
5 |
6 |
7 |
8 |
|
7 |
8 |
9 |
10 |
11 |
12 |
13 |
|
9 |
10 |
11 |
12 |
13 |
14 |
15 |
|
14 |
15 |
16 |
17 |
18 |
19 |
20 |
|
16 |
17 |
18 |
19 |
20 |
21 |
22 |
|
21 |
22 |
23 |
24 |
25 |
26 |
27 |
|
23 |
24 |
25 |
26 |
27 |
28 |
29 |
|
28 |
29 |
30 |
31 |
|
|
|
|
30 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
.
Antes de realizar a inscrición é conveniente que lembres que:
Cómpre mirar antes de cubrir o formulario os CALENDARIOS PROVISIONAIS, nas páxinas respectivas de resultados da inscrición, que se irán cubrindo paulatinamente, de maneira case inmediata os dous primeiros días. Posteriormente débese comprobar se o centro aparece no calendario pois esa é a confirmación de que a inscrición se realizou con éxito.
Pregamos encarecidamente que os centros da cidade da Coruña ocupen preferentemente o horario de 9 a 10:30.
Mirade a páxina de resultados da inscrición en Robótica http://igaciencia.eu/node/436
Páxina de resultados da inscrición en Drons http://igaciencia.eu/gl/node/437
PARA OS CENTROS DE FORA DA CORUÑA: É VÁLIDA A INSCRICIÓN A PARTIR DAS 10 DA MAÑÁ DO 3/10/2024
Agora inscrición só para Drons, os que queiran inscribir algún grupo pequeno nun oco de robótica, que lle escriban a petición a secretaria@igaciencia.org