Videoconferencias do mes da Ciencia en Galego (novembro 2024)

Enviado por admin o Mar, 09/10/2024 - 13:59

Iremos poñendo aquí, proximamente, as propostas de relatores e relatoras destas videoconferencias, que se realizarán en novembro de 2024, sobre a temática de Astronomía.

Se queredes inscribir xa ao voso centro, ser dos primeiros en facelo, ou  poñer a o voso centro como creador da videoconferencia, ou mesmo realizar unha persoal, podedes ir inscribíndovos para que poidamos poñernos en contacto con vós, e  organizar a infraestrutura necesaria para as emisións.

Subscríbete á canle de Igaciencia

Está aberto o prazo de inscrición, que finalizará unha semana antes da data de emisión de cada conferencia.

Co patrocinio da Xunta de Galicia.

Relatores e Relatoras:

Begoña Vila Costas, da NASA, segundo o Faro de Vigo "A muller que ilumina o Universo"

José Ángel Docobo, do Observatorio Astronómico da USC

Augusto Pérez Alberti, Catedrático de Xeografía Física Ad Honorem (USC). Investigador independente. Día 12 de novembro ás  12h.

Título: "O cambiante planeta Terra" Resumo:  Existe a tendencia de considerar o noso planeta como un escenario estático no que ao longo do tempo  desenvolveron a súa vida as mulleres e os homes. Sen embargo, a realidade é moi diferente. O planeta Terra é moi dinámico e funciona como un sistema no que interveñen factores moi diversos que xeraron profundos cambios ao longo da súa historia. Por iso, coñecelo axuda a entender o presente e a planificar o futuro.

Ana María Ulla Miguel, catedrática de Astrofísica da UVigo, Dia 26 de Novembro ás 12h. "Non hai estrelas sen noite escura"

Resumo: O ceo é a nosa ventá ao universo, e a todo o coñecemento que da súa observación pódese derivar. De día, o Sol permítenos facer astronomía diúrna, e de noite as estrelas, galaxias, planetas e restantes corpos celestes achégannos aos confíns do universo mesmo. Nesta charla repasaremos algúns avances recentes en astronomía e astrofísica, no contexto adverso que a contaminación luminosa supón, tanto para a observación astronómica como para a saúde e o medio ambiente.

 

Videoconferencia
Día 5 de novembro ás 12 horas
Día 12 de novembro ás 12h, O cambiante planeta Terra
Día 19 de novembro
Día 26 de novembro ás 12 h. Non hai estrelas sen noite escura
Exemplos
5º e 6º
2º ESO,3ºESO, 4ºESO, 1º Bach
1º BAC    E  4º ESO
FP de grao Medio