Apuntádevos as ideas de vídeos e textos de Astronomía

Enviado por admin o Mér, 10/09/2024 - 22:55

Que tal vos parece facer un pequeno vídeo en galego explicando algún dos seguintes exercicios sobre Astronomía?

1.       Número de átomos do Sol. Como exemplo unha solución a tedes no vídeo https://www.youtube.com/watch?v=N3XrKKkbdD8 ou no vídeo https://www.youtube.com/watch?v=QTOkXT8CNrI. Escólleo o IES de Meaño.

2.       Que pasa se deixas caer un vaso grande de plástico con 2 buratos preto da base, e cheo de auga en 2 casos a)tapando os buratos cos dedos antes de soltar o vaso b)sen tapalos cando se solta. Porqué? CEIP Espedregada, Poio

3.       Fai un modelo do péndulo de Foucault sobre un prato xiratorio. Reservado ao IES Menéndez Pidal

4.       Explica os epiciclos, o movemento aparente no ceo dos planetas

5.       Calcula a distancia á Lúa, despois a distancia ao Sol coma Aristarco e despois o diámetro do Sol. Advertencia: non podedes mirar directamente ao Sol.

6.       Deseña un reloxo de Sol

7.       Relación entre ángulo e absorción da enerxía radiante

8.       Estacións e mediodía do Sol

9.       O camiño do Sol a través do ceo. IES de Beade

10.  Amencer e Posta do Sol, como cambia a través do ano, nas igrexas da túa parroquia calcula a orientación (ao amencer ou a posta do Sol de que día do ano, usa https://www.suncalc.org/)

11.  Eratostenes e a medida do raio da Terra e da súa circunferencia

12.  Fai un astrolabio

13.  Coma fixo Galileo, demostra que os corpos caen no mesmo tempo independientemente da masa de cada corpo. Por exemplo, deixa caer dous corpos iguais, pero un deles cun paracaídas. IES de Ortigueira

14.  Coma Galileo demostra cun plano inclinado que a velocidade final dunha bola depende da inclinación do plano.

15.  Fai un telescopio coma o de Galileo.

16.  Explica como é que estás feito de materia de estrelas.

17.  Fai un globo e con marcas nel explica o Bing-bang. CPI PLURILINGÜE DE CASTROVERDE

18.  Fai un modelo de pulsar

19.  Fai un modelo de fases da Lúa

20.  Fai un modelo de efecto invernadoiro con dúas caixas, unha envolta en plástico transparente e dous termómetros. IES PLURILINGÜE TERRA DE TURONIO de GONDOMAR

21.  Buscar o norte con compás magnético e sen el (mirando as estrellas, co reloxo, coa sombra…)

22.  Localizar unha estrella ou un planeta na bóveda terrestre.

23.  Fai un modelo das fases da Lúa.

24.  Fai un modelo de eclipse de Sol e outro de eclipse de Lúa.

25.  Por que o ceo é azul?

Se te apuntas, nós aportaremosvos ideas para facer o exercicio, o video, ou escribir o texto. O resultado en vídeo publicarémolo en youtube.com/igaciencia1 ou as solucións escritas nas nosas webs.

Prazo: mes de novembro. En decembro, publicarémolos.

 

Datos do profesor/a
Taxonomía