CONCURSO NOVOS POLIEDROS 2024: IES Menéndez Pidal, IES de Meaño e CPI Cabo da Area de Laxe

Enviado por admin o Xov, 11/28/2024 - 22:29

IES Menéndez Pidal

O vídeo é moi especial, a ver que vos parece a mistura da Cruz de Dalí Corpus Hypercubus coa Santa Compaña e cos fractais.

Autores: José Ares Bacariza, Antón Cillero García, Darío Rodríguez Vilasuso, Elio Núñez Docabo e Miguel Vázquez Alonso, de 1º de Bacharelato.

Alumnos de Tecnoloxía e Enxeñaría de 1º de Bacharelato en IES Menéndez Pidal (A Coruña). Docente: Mª Paz Freire Campo.

Como se fixo

Vídeo1

Vídeo da Santa Compaña

cuad2

cuadrisquel

Para ver que esta figura é unha representación en 3 dimensións dun hipercubo de 4 dimensións podedes ler https://es.wikipedia.org/wiki/Hipercubo e saber que teñen que ver co monumento á Constitución, en Madrid, ou á Defensa en París. En canto á Santa Compaña ler a historia do Spiritualism de Zollner.

Por outra banda, os cubos base son fractais de Menger-Diaz, nivel 1 (morado ou amarelo) ou nivel 2(verde).

Ler tamén a Cuarta dimensión na arte

IES de Meaño

Traballamos en 4º de ESO en 2 grupos. e cada grupo fixo un pequeno dodecaedro estrelado para logo afrontar o Gran Icosaedro de Kepler-Poisont. 

Decidiron chamarlles "Afouteza" e "Ourizo Cacho" 

Ourizo

Participantes

Vídeo

CPI Cabo da Area de Laxe Universo dodecaédrico "Estrelado"

Alumnado de 1° ESO en colaboración co profesor Sergio Pereira de tecnoloxía e Cristina Villalobos López de matemáticas.

Vídeo

uni

verso

dode

caédrico

Entrega de premios en San Roque, en Santiago o día 10 de decembro, ás 11 horas.

Etiquetas