Convidamos aos centros educativos que o desexen a acudir á Conferencia (agora En Youtube)
125 anos de Física Cuántica
Impartida polo Dr. Cibrán Santamarina Ríos
Director do Departamento de Física de Partículas
Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).
Facultade de Física. Univ. de Santiago de Compostela
Data: día 5 de decembro de 2025, ás 12 horas.
Lugar: Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo.
Inscrición: como o aforo está limitado a 160 persoas, para participar debes inscribir un grupo clase no formulario que se engade ao final. Pecharemos a inscrición cando se cubran as prazas.
Relación de centros inscritos, ata o momento: Colexio Fingoi, IES Xoán Montes de Lugo, IES Muralla Romana Lugo, IES Lucus Augusti, Lugo. Pero aínda queda a posibilidade de participar algún centro máis.
Co patrocinio da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo e co motivo do Día da Ciencia en Galego 2025
Resumo: Na conferencia falarase do xurdimento e os primeiros anos da Física Cuántica presentando aos pioneiros e grandes figuras que a desenvolveron.