EXPOSICIÓN “Patróns de Beleza” en Santiago
Arte · Matemáticas · STEAM
Organizada por Igaciencia coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo en Praza de San Marcos. Do 9 ao 30 de xuño de 2026 celebrouse a primeira exposición "Patróns de Beleza" pola que pasaron varios centenares de persoas (un centenar de participantes da Olimpiada Matemática da FESPM e algún centro)
Pero terá continuidade no mes de novembro na USC, no reitorado, no piso da Biblioteca.
A Exposición Patróns de Beleza abre as súas portas para mostrar como as matemáticas, a ciencia e a arte poden atoparse nun territorio común: a beleza. Unha invitación para descubrir que pensar tamén é crear.
Unha mostra única
En Simetría na Arte detállase toda a exposición
A exposición reúne máis de 70 obras de arte dixital en impresión 3D, xunto con pezas 2D que abarcan:
• Arte islámica clásica presente na Alhambra
• Mosaicos contemporáneos
• Arte algorítmica, l-systems e kolam
• Carteis sobre simetría, poliedros, ambo de Conway e obras presentadas en Congresos internacionais de arte e matemáticas, Bridges.
• Outros carteis que estarán na web: Simetría en Física e Matemáticas, 17 grupos de Simetría no plano, 230 grupos de Simetría no espazo, Kepler e a rectificación e o ambo de Conway ou New Polyhedra with Ambo
• Unha colección audiovisual con 50 vídeos sobre Fractais Menger-Diaz, poliedros, simetrías e octógonos iranianos, ademais dos vídeos que están na web e, tamén,
Un percorrido que revela como as matemáticas poden ser unha fonte inesgotable de creatividade.
Obxectivos
• Valorar as obras pola súa beleza
• Mostrar como as matemáticas e o STEAM inspiran procesos creativos
• Explicar conceptos matemáticos a través da arte
• Romper estereotipos sobre a frialdade das matemáticas e a complexidade da ciencia
Convocatoria a centros educativos
Invitamos aos centros educativos e aos profesores e alumnos da USC (especialmente de Matemáticas, Física e Química e Informática) a asistir á inauguración o 26 de novembro e a participar nas visitas guiadas, especialmente deseñadas para alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos (sempre que exista interese por parte dos posibles asistentes e financiamento para isto). Podedes manifestar o voso interese nas visitas guiadas no contacto desta web.
Unha experiencia para descubrir a beleza de pensar
A Exposición Patróns de Beleza invita a mirar as matemáticas desde outro lugar: como unha linguaxe visual, como unha ferramenta creativa, como unha forma de comprender o mundo.
- Log in to post comments