XVII Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A maxia da robótica e os drons 2026-27

Enviado por admin o

Concello de ACoruña

Obradoiro e concurso galego de robótica

Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde se adquire a formación precisa para resolver os desafíos da fase de concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas, comunicarnos e saber como darlle ordes a un robot e xestionar múltiples aspectos da vida cotiá nun futuro xa presente.

Realizarase na Coruña no Centro Municipal de Emprego (Os Rosais). Estrada dos Fortes, 16 e Rúa Simón Bolivar, s/n. 15011 A Coruña

A quen vai dirixido?:

Alumnado dos seguintes niveis, agrupados en dúas categorías:

  • de 1º a 3º de ESO
  • 4º de ESO, BACH e FP de grao medio

En cada unha delas, o centro gañador recibirá un premio de 300 euros. Cada centro só pode levar un premio. Ademais haberá un premio especial ao centro mellor clasificado do Concello da Coruña.

Localización do centro participante: de calquera concello

Titularidade do centro: Público, Concertado, Privado

Cando: dende o 26/10/2026 ao 30/10/2026

Horario: de 9:00 a 14:30 horas.

En sesións de 9:00 a 10:30 h; 10:20 a 11:50 h; 11:40 a 13:10 h; 13:00 a 14:30 h

Ademais dos premios citados, ofertarase  un obradoiro-concurso (optativo) de programación de drons para equipos de tres estudantes, para centros que estean inscritos en Robótica. Esa actividade levarase a cabo esa semana en dúas tardes a concretar. No concurso de drons tamén se dará un premio por categoría e outro para o centro mellor clasificado do Concello da Coruña.

Cerimonia de entrega de premios

Terá lugar o venres, día 30 de outubro, preferentemente ás 17:30 h, salvo circunstancias imprevistas.

Prezo/custo: Gratuíto.

Obxectivo:

Aprender de modo lúdico os conceptos básicos e rudimentos da programación de robótica e resolver unha pequena colección de problemas de robótica do concurso. O enfoque é ver a programación como unha habilidade que calquera pode adquirir, sen importar a idade, nin a formación previa.

Ademais preténdese que o alumnado sinta a paixón pola aprendizaxe, a de integrarse nun grupo no cal deben compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo para poder resolver os desafíos que se lles propón ao longo da experiencia. Ofréceselle ao alumnado a oportunidade de desenvolver a creatividade, o pensamento algorítmico e a habilidade para solucionar problemas.

Desenvolvemento da actividade

Adestramento previo- Obradoiro - Concurso

Fase preliminar no centro educativo: cada grupo comeza o seu percorrido vendo os dous vídeos de Igaciencia Video de Robótica1 e o VideodeRobótica2 para iniciar así a familiarización cos robots e coa linguaxe icónica de programación EV3.

Actividade presencial, no Centro  Municipal de emprego dos Rosais. Duración: hora e media, co apoio de 5 monitores/as e 15 robots lego EV3, cun sistema de programación baseado en Labview, o estándar en control.

Na primeira media hora, realizarán un Taller interactivo, conformado por unha serie de postos cun ordenador e un pack lego xa preensamblado. Coa finalidade de darlle vida e facerlle funcionar ao robot, realizarán os primeiros programas de forma titorizada por monitores/as, e trasladaranos aos robots para que procedan a executalos e contrasten as accións realizadas coas programadas.

A continuación, a Fase de concurso ocupara a hora seguinte. Aínda que ten as características dun concurso, nesta fase tamén se vela especialmente por darlle continuidade á aprendizaxe. O alumnado recibirá unha serie de desafíos de dificultade progresiva que deben resolver en grupo mediante traballo colaborativo. As tarefas implicarán unha programación sinxela dun robot e unha adaptación a nivel construtivo. Por cada desafío realizado correctamente, asignaráselles unha puntuación prefixada que, unha vez sumada, determinará o seu posto na clasificación final do concurso.

Requisitos:

Preferiblemente grupos de ata 40 alumnos/as por sesión.

O alumnado debe visualizar os dous vídeos xa citados anteriormente como preparación previa.

Recursos humanos:  Monitores/as especializados/as

 

Obradoiro e concurso de drons

Familiarización e Concurso de drons. Drons na aula. Manexo e programación con Droneblocks

Trátase de propiciar a introdución na aula dunha tecnoloxía novidosa e motivadora, e de acadar obxectivos educativos a través do manexo e programación con Droneblocks do dron Tello.

Abordaranse as posibilidades e limitacións para o voo de drons. As súas características e manexo, así como a forma de interaccionar e controlar un dron desde un ordenador ou dispositivo móbil. Realizarase a programación de drons utilizando Droneblocks, que está baseado en Scratch (lenguaje de programación a través de bloques, creado polo MIT).

Obxectivos:

Ao traballar con drons, en tanto que robots voadores, refórzanse os obxectivos pretendidos coa actividade de robótica, amais doutros engadidos pola súa capacidade de voar. Destacamos, entre outros:

-Desenvolver o pensamento computacional, incorporando o potencial do razoamento lóxico (eventos, secuencias, bucles, variables, funciones, condicionais …), como sistema de resolución de problemas.

-Desenvolver o pensamento crítico, a comunicación e o deseño colaborativos.

-Mellorar a orientación e visualización espacial.

Destinatarios:

Alumnado dos seguintes niveis, agrupados en dúas categorías:

  • de 1º a 3º de ESO
  • 4º de ESO, BACH e FP de grao medio

Criterios de admisión:

-Os centros inscritos en Robótica terán preferencia para  inscribir equipos de 3 membros na actividade de Drons. Ver prazos e condicións en  Inscricións en ROBÓTICA e/ou en DRONS .

Desenvolvemento:

Realizarase nun centro a determinar.  A participación será en sesións de  hora e cuarto, de 16:45 a 18 horas, en dúas tardes da semana de realización de Robótica. 

Nas seguintes datas e horarios: 27 e 28 de outubro, das 16:45 ás 18 horas.

Non é precisa formación previa, pero solicitase que se visualice previamente o vídeo que se elaborou para iniciar a familiarización,

Drons tello na aula. Manexo e programación con Droneblocks https://www.youtube.com/watch?v=KqZe2QPYDxg
O vídeo recolle todos os aspectos que consideramos de interese para o manexo e programación dos drons. Será imprescindible a visualización dos seguintes capítulos: - Introdución aos dróns 00:00 O dron Tello para uso educativo 11:36. Sería moi conveniente ver tamén: Manexo do dron Tello desde a app 16:55 Modos de voo coa app Tello 21:54 Programación con Droneblocks 24:49 ata 37:14.

Tede en conta que vai haber 1 premio por categoría: ESO e Bacharelato e mellor centro do concello da Coruña

O equipo de alumnos, se está conformado por alumnado de distinta categoría, concursará pola categoría máis alta.

O alumnado participante deberá vir provisto de móbil, no que debe traer instalados os seguintes programas: 
-DroneBlocks e Tello.
Por se tedes dúbidas enviamos os enlaces exactos dos dous programas
Para Apple IOS Tello
https://apps.apple.com/es/app/tello/id1330559633
Para Android  Tello
Aplicación Tello de DJI,  o seu fabricante,  https://www.dji.com/es/downloads/djiapp/tello é unha apk (hai que escoller Android) e permitir instalar apk en axustes.
Para Apple IOS DroneBlocks
https://apps.apple.com/us/app/droneblocks/id1045826508
Para Android DroneBlocks
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.unmannedairlines.droneblocks&hl=es&gl=US
 Nesta páxina veñen indicados os móviles cos que é compatible a aplicación https://www.dji.com/es/downloads/djiapp/tello https://www.dji.com/es/mobile/downloads/djiapp/tello)

Actividade desenvolvida en colaboración co Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña.

Contacto:

IGACIENCIA, Inés Ben Tfno.: 679419987 secretaria@igaciencia.org    

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN, Tfno.: 981 184 200 ext. 10260 educacion@coruna.gal

Inscricións en ROBÓTICA e/ou en DRONS:

A través da ficha de inscrición que figura a continuación e de acordo cos seguintes prazos.

Prazo de inscrición: do 21 de setembro ao 9 de outubro de 2026.
-Do 21/09, ás 10 h, ao 25/09, para os centros do Concello da Coruña: 1 grupo por centro na actividade de Robótica o que, á súa vez, dará opción a inscribir 1 equipo por centro na actividade de Drons, de ter interese en participar tamén nesta actividade.
-Do 28/09, ás 10 h, ao 2/10, para os centros de fóra do Concello da Coruña coas mesmas condicións que figuran no apartado anterior.
-Do 5/10, ás 10 h, ao 9/10, se quedan prazas libres, inscrición para todos os centros dun segundo grupo en Robótica e/ou  equipo en drons

                                                                          

 

CALENDARIO INSCRICIÓN ROBÓTICA E DRONS

 

.......

1 grupo centros Concello A Coruña

......

1 grupo centros fóra do Concello

 

 

…..…

Segundo grupo centros inscritos.

1 equipo en drons a maiores calquera centro, aínda que non estea inscrito en robótica

 

SETEMBRO 2026

 

OUTUBRO 2026

 

L

M

Me

   X

V

S

D

 

L

M

Me

X

V

S

D

 

 

2

3

4

5

6

 

 

 

 

1

2

3

4

 

7

8

9

10

11

12

13

 

5

6

7

8

9

10

11

 

14

15

16

17

18

19

20

 

12

13

14

15

16

17

18

 

21

22

23

24

25

26

27

 

19

20

21

22

23

24

25

 

28

29

30

 

 

 

 

 

26 a 30 

Realización actividade presencial

31

 

 

       Antes de realizar a inscrición é conveniente lembrar que:

-Cómpre mirar antes de cubrir o formulario os CALENDARIOS PROVISIONAIS, nas páxinas respectivas de resultados da inscrición,  que se irán cubrindo paulatinamente, de maneira case inmediata os dous primeiros días. 

-Posteriormente débese comprobar se o voso centro aparece no calendario, pois esa é a confirmación de que a inscrición se realizou con éxito.

-Pregamos encarecidamente que os centros da cidade da Coruña ocupen preferentemente o horario de 9 a 10:30.

-Para os centros de fora da Coruña, é válida a inscrición realizada a partir das 10 da mañá do 28/09/2026.

Ver as prazas xa cubertas antes de inscribirse 

Data preferida
Luns
Martes
mércores
xoves
venres
Hora preferida
Exemplos
5º e 6º
2º ESO,3ºESO, 4ºESO, 1º Bach
1º BAC    E  4º ESO
FP de grao Medio
Asiste un grupo ao concurso de drons os días 27 ou 28
Data para o grupo de drons
Taxonomía