Convidamos aos centros educativos que o desexen a acudir á Conferencia
Agricultura, ciencia e historia na Galiza rural (1939-1986)
Impartida pola Dra. Alba Díaz Geada
Investigadora Ramón y Cajal
Facultade de Humanidades – USC
Campus de Lugo
Data: día 9 de decembro de 2026, ás 12 horas.
Lugar: Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo.
Inscrición: como o aforo está limitado a 160 persoas, para participar debes inscribir un grupo clase no formulario que se engade ao final. Pecharemos a inscrición cando se cubran as prazas.
Co patrocinio da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo e co motivo do Día da Ciencia en Galego 2026
Resumo: A nosa contemporaneidade fende con violentas expulsións campesiñas. O tempo da ciencia e da razón, faise preguntas sobre o papel da agricultura e do campesiñado no desenvolvemento capitalista. Nesta fala, propomos retomar algunhas destas inquedanzas desde a nosa propia historia. Propomos centrar a ollada na historia da sociedade rural galega do tempo da ditadura franquista e do cambio de réxime político. Desde aí, convidamos a reflexionar sobre o contido e o significado das grandes transformacións que atravesaron as sociedades rurais contemporáneas. Tamén, sobre como se moven os lindes do que é tido ou non por ciencia, por cultura ou por coñecemento. Propomos, ao mesmo tempo, reflexionar sobre as distintas formas posibles de entender e de contar esta nosa historia.