Inventa en Galego (con App Inventor) 2019
As Bases que podedes ver aquí, son semellantes ás dos tres anos anteriores e tamén contará co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Igaciencia. A modo de resumo, céntrase en:
Crear programas en App Inventor por un equipo de alumnos e alumnas de Primaria ou Secundaria de Galicia, presentados por un ou unha profesor/a.
Temática: As App versarán sobre programas útiles co móbil, realizados con AppInventor, do MIT e relativos a calquera aspecto de Galicia. Ao menos no idioma galego (pode ter máis).
Premios: 2 , un de 300 e outro de 200 euros. Prazo, finais de maio.
Concurso de Sensores
Ampliamos as bases de anos anteriores permitindo utilizar móbiles intelixentes, mbots dos centros, drons, GPS e Internet das cousas.
Este mesmo concurso, convocado na web do Concello de A Coruña:
Premios: 2, un de 300 e e outro de 200 euros en material para os centros. Prazo, finais de maio. Co patrocinio do Concello de A Coruña e Igaciencia.
Para a realización do concurso poñemos sesións de asesoramento os venres ou sábados no Centro Ágora de A Coruña, sempre a petición dos interesados. Para iso apuntádevos no formulario situado ao final deste apartado. Os días 5 de abril, ás 17:30 horas, realizarase a primeira reunión, previa inscrición, para os interesados en: -Participar no concurso do Concello de Coruña Sensores para todos -Preparar actividades con sensores de Ciencia na Rúa -Aprender a programar en Arduino, EV3 ou Raspberry Pi -Sensores no smartphone Nesa reunión tratarase como orientar o concurso e de dar resposta as dificultades que teñades (profesores ou alumnos) de modo que os asistentes saian cun convencemento de que o traballo con sensores é asequible e divertido. Con sensores non hai nada imposible. Os asistentes poden ser profesorado de toda Galicia ou ben alumnos (cun máximo de 2 alumnos por grupo participante). No Centro Ágora de Coruña pola tarde. Cómpre inscribirse en http://www.igaciencia.eu/node/305, aquí mesmo, para poder planificar as reunións
http://intercentres.edu.gva.es/iesleonardodavinci/Fisica/Laboratorio/Laboratorio08.htm
http://rsefalicante.umh.es/laboratorio.htm
En canto ao Ano da táboa periódica e das linguas indíxenas, vedes as primeiras propostas aquí
http://www.cienciaengalego.org/
E relacionado con novacarta.eu