Proxectos premiados no Concurso Inventa en galego 2019. ORGANIZA: IGACIENCIA PATROCINA: Xunta de Galicia-SXPL
|
|
|||||
Autores |
Profesor/a |
Curso / Centro |
Descrición realizada polos autores |
|
||
1º Premio |
|
|||||
As apps do centro xiran arredor da temática de creación de empresas na que estiveron traballando os alumnos e alumnas. |
|
|||||
Esencial |
|
|||||
Fariña Villar, Andrea Lado Canosa, Lucía Marcote Sánchez, Eva Santiago Suárez, Lucía |
Ángel Acción Lamas |
1º Bacharelato TIC I IES Eduardo Blanco Amor. Culleredo |
Actualmente o mundo está moi dixitalizado, pero non todo o mundo está acostumado, especialmente as persoas maiores. Por iso… Esencial é unha aplicación galega que ten como obxectivo principal facer máis simple a vida das persoas maiores, a través dunha aplicación sinxela e fácil de empregar. |
|
||
BACHtoMusic |
|
|||||
Anguera Zemba, Júlia Misaki Bermejo Fernández, Iago Antón Garea Vázquez, Nicolás Gijón Yubero, Selva Infante Ramos, Marta |
Ángel Acción Lamas |
1º Bacharelato TIC I IES Eduardo Blanco Amor. Culleredo |
BachtoMusic é unha aplicación que permite aos nosos clientes mercar calquera dos nosos produtos (partituras, instrumentos…) e para isto dispoñemos dun completo catálogo e servizo de reservas de aulas de ensaio e do noso estudo de grabación, proporcionando un servizo áxil, rápido e seguro. |
|
||
CicloFood |
|
|||||
Iván Camino Queijo Patricia Mato Miragaya Andrea Robado Iglesias Susana Sánchez Mato |
Ángel Acción Lamas |
1º Bacharelato TIC I IES Eduardo Blanco Amor. Culleredo |
Ciclofood é unha aplicación de pedidos a domicilio, onde os usuarios da Coruña poderán pedir a comida de calquera restaurante que se encontre na Coruña. O usuario poderá consultar a información da nosa empresa e tamén de cada restaurante, onde se sitúa, o seu horario, que comidas ofrece, o seu telefono, ou a súa páxina web. O usuario terá que realizar unha selección da comida do restaurante elixido, e tamén entre levar o seu pedido en bicicleta ou en moto. |
|
||
TodoDeporte |
|
|||||
Caamaño Martínez, Damián Martínez Alonso, Jorge Rodríguez Suárez, Brais Ramonde Martínez, Samuel |
Ángel Acción Lamas |
1º Bacharelato TIC I IES Eduardo Blanco Amor. Culleredo |
Todo deporte é unha aplicación de material deportivo de todo tipo situada en Corveira. Esta aplicación permite aos clientes coñecernos máis a fondo, vernos nas redes sociais, saber máis sobre a nosa tenda, enterarse dos produtos e prezos, así como aclarar dúbidas, tamén sirve como forma de estar ao tanto dos artigos máis novidosos e da súa calidade. Aplicación fácil de usar e moi útil onde poderás obter información sobre a nosa tenda de deportes e coñecernos máis a fondo. |
|
||
2º Premio |
|
|||||
Nas apps presentadas por este centro destaca especialmente a finalidade coa que se crean as apps de Axuda, así como a colaboración intercentros. |
|
|||||
A Tribuna |
|
|||||
|
Daniela Domínguez Pérez e Jorge Corrás Ramos |
Paz Freire Campo |
1º de Bac IES Menéndez Pidal. A Coruña
|
Que actividades podes levar a cabo coa App? -Localizacións da Tribuna: podes visitar vía street view algúns dos sitios nomeados na novela como si puideses estar no mesmo lugar que as personaxes. -Audios de ambiente: tedes uns audios nos que exalumnos do noso instituto versionaron fragmentos da novela. -Xogos de preguntas: preparamos un xogo de preguntas sobre a novela e sobre Emilia Pardo Bazán, así pódese aprender un pouco máis sobre o tema. -Imaxes: a aplicación está decorada con imaxes da época . -Vídeos: podes disfrutar dunha serie de audiolibros con música e imaxes para unha mellor experiencia, lidos por exalumnos. |
||
11 apps de Axuda |
|
|||||
Marta Pernás Pedreira, Iria Pérez Guillemette, Kenya Pérez-Galmán Varela, Paula Pérez Fernández, Carolina Lumbreras Vázquez, Ainara Dalmau Mendizábal, Cristina Fontela Pérez, Ramón Ferreiro Álvarez e Tomás Mañas Fernández.
|
Paz Freire Campo Isabel de la Puente Vaquero |
2º de Bac IES Menéndez Pidal. A Coruña
|
As apps están sendo colgadas na web do proxecto Deseño e Son para que todos os posibles beneficiarios as aproveiten. As Apps de axuda foron unha das nosas aportacións neste curso. Das xuntanzas de colaboración entre CEE Elviña, Zalaeta e CEE Lourdes xurdiu a posibilidade de deseñar elementos que facilitaran as posibilidades de comunicación dos rapaces e rapazas de Aspanaes. Na preparación dos ensaios e os concertos inclusivos xurdíu a suxerencia de adaptar as Apps musicais para as rapazas de Aspronaga. Desde Zalaeta propuxemos exemplos de Apps que permiten pulsar e facilitar a comunicación en situación cotiáns. Os especialistas do CEE Elviña propuxeron situacións nas que as Apps poden ser de utilidade no seu centro. Alumnado de 2º de Bach do IES de Zalaeta, atendendo ás necesidades demandadas (por Aspanaes) e as características que nos especificaron (tipo de letras, pictogramas recoñecibles, audios simples, distancias entre elementos…) deseñou e programou as APPs de axuda. Para as Apps empregamos os pictogramas de Arasaac (Portal Aragonés de la Comunicación Aumentativa y Alternativa) e App Inventor (editor de APPs del MIT). As apps quedan á dispoñibilidade de quen as poida considerar de interese. Moitas delas están en galego e castelán e iremos creando novas versións cos comentarios e demandas que recibamos. |
|
- Log in to post comments