A maxia da robótica. Taller e concurso galego de robótica
Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde se adquire a formación precisa para resolver os desafíos da fase de concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas, comunicarnos e saber como darlle ordes a un robot e xestionar múltiples aspectos da vida cotiá nun futuro xa presente.
Realizarase na Coruña no IES Ramón Menéndez Pidal.
A quen vai dirixido?:
Alumnado dos seguintes niveis e categorías (en cada unha delas o centro gañador recibirá un premio en material funxible. Cada centro só pode levar un premio ):
- 5º e 6º de EP e 1º ESO
- de 2º a 4º de ESO
- BACH e FP de grao medio
Localización do centro participante: de calquera concello
Titularidade do centro: Público, Concertado, Privado
Cando: dende o 25/11/2019 ata o 29/11/2019
Horario: de 9 a 15 horas e 16 a 18 horas, agás os martes e venres, que se desenvolverá en horario de mañá.
En sesións de 9.00 a 11.00 h; 10.00 a 12.00 h; 11.00 a 13.00 h; 12.00 a 14.00 h; 13.00 a 15.00 h; e 16.00 a 18.00 h (excepto o martes e o venres).
Prezo / Custo: Gratuíto.
O servizo de transporte para os centros educativos públicos do municipio da Coruña correrá a cargo do Servizo Municipal de Educación.
Obxecto:
Aprender de modo lúdico e en 2 horas os conceptos básicos e rudimentos da programación de robótica e resolver unha pequena colección de problemas de robótica do concurso. O enfoque é ver a programación como unha habilidade que calquera pode adquirir, sen importar a idade, nin a formación previa.
Ademais preténdese que o alumnado sinta a paixón pola aprendizaxe, a de integrarse nun grupo no cal deben compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo para poder resolver os desafíos que se lles propón ao longo da experiencia. Ofréceselle ao alumnado a oportunidade de desenvolver a creatividade, o pensamento algorítmico e a habilidade para solucionar problemas.
Taller-exposición
Duración: 2 horas; co apoio de 8 monitores/as e 15 robots lego EV3, cun sistema de programación baseado en Labview, o estándar en control.
Cada grupo comeza o seu percorrido cunha presentación e iniciará a familiarización coa linguaxe icónica de programación EV3.
A continuación realizarán o taller interactivo, conformado por unha serie de postos cun ordenador e un pack lego xa preensamblado de diversas actividades interactivas, no que realizarán os primeiros programas de forma titorizada por monitorares/as e trasladaranos aos robots para que procedan a executalos e contrasten as accións realizadas coas programadas, coa finalidade de darlle vida e facerlle funcionar ao robot.
Fase de concurso: por último, entregaránselles unha serie de desafíos de dificultade progresiva que deben resolver en grupo mediante traballo colaborativo. As tarefas implicarán unha programación sinxela dun robot e unha adaptación a nivel construtivo.
Por cada desafío realizado correctamente, asignaráselles unha puntuación predeterminada que, unha vez sumada, determinará o seu posto na clasificación final do concurso.
Requisitos:
Ofértase a preto de 30 centros (dependendo de cantos alumnos asistan por centro), pois desenvolveranse dúas liñas simultáneas.
Para participar non é necesario que o alumnado reciba preparación previa.
Preferiblemente grupos de ata 40 alumnos/as, máximo 50 por sesión.
Recursos humanos: Monitores/as especializados/as
Actividade desenvolvida en colaboración co Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña.
Contacto:
IGACIENCIA, Inés Ben secretaria@igaciencia.org Servizo Municipal de Educación, Tel.: 981 184 200 ext. 12038
Inscricións:
A través da ficha de inscrición que figura a continuación e de acordo cos seguintes prazos.
Prazo de inscrición: do 4 ao 26 de outubro de 2019
- Do 4 ao 10: para os centros do Concello da Coruña e 1 grupo por centro
- Do 11 ao 18: para os centros de fóra do Concello da Coruña e 1 grupo por centro
- Do 19 ao 26: se quedan prazas libres, inscrición para todos os centros dun segundo grupo
Antes de realizar a inscrición é conveniente que lembres que:
Cómpre mirar antes de cubrir o formulario o CALENDARIO PROVISIONAL que se irá cumplimentando paulatinamente, de maneira case inmediata os dous primeiros días. Posteriormente débese comprobar se o centro aparece no calendario pois esa é a confirmación de que a inscrición se realizou con éxito.
Pregamos encarecidamente que os centros da cidade de Coruña ocupen preferentemente o horario de 9 a 11 (ou nas primeiras horas).
Mirade a páxina de resultados da inscrición http://igaciencia.eu/node/325