Inventa en Galego (con App Inventor)
As Bases que podedes ver aquí, son semellantes ás dos anos anteriores. A modo de resumo, céntrase en:
Crear programas en App Inventor por un equipo de alumnos e alumnas de Primaria ou Secundaria de Galicia, presentados por un ou unha profesor/a.
Temática: As App versarán sobre programas útiles co móbil, realizados con AppInventor, do MIT e relativos a calquera aspecto de Galicia. Ao menos no idioma galego (pode ter máis).
Premios: 2 , un de 300 e outro de 200 euros. Prazo de presentación dos proxectos, 1 de xuño de 2021.
Patrocinio da Xunta de Galicia e Igaciencia. As explicacións en vídeo dos programas poden ser incluídas na canle de Youtube de Igaciencia.
Concurso de Sensores para todos
Ampliamos as bases de anos anteriores permitindo utilizar móbiles intelixentes, mbots dos centros, drons, GPS e Internet das cousas.
Este mesmo concurso, verémolo convocado na web do Concello de A Coruña:
Premios: 2, un de 300 e e outro de 200 euros en material para os centros. Prazo de presentación dos proxectos, 1 de xuño. Co patrocinio do Concello de A Coruña e Igaciencia.
Para a realización do concurso poñemos sesións de asesoramento os venres ou sábados no Centro Ágora de A Coruña, sempre a petición dos interesados. Para iso apuntádevos no formulario situado ao final deste apartado. Como é posible que non sexa posible ata ben entrado 2021 configuraremos vídeos con exemplos do que queremos que fagades, que estarán dispoñibles, a partir de febreiro de 2021, en http://youtube.com/igaciencia1
Para os interesados en:
-Participar no concurso do Concello de Coruña Sensores para todos
-Preparar actividades con sensores de Ciencia na Rúa
-Aprender a programar en Arduino, EV3 ou Raspberry Pi, drons programables e mbots
-Sensores nun smartphone. Experimentos de Matemáticas, Física e Química nun smatphone
Nesas reunións ou vídeos tratarase como orientar o concurso e de dar resposta as dificultades que teñades (profesores ou alumnos) de modo que os asistentes saian cun convencemento de que o traballo con sensores é asequible e divertido. Con sensores non hai nada imposible. Os asistentes poden ser profesorado de toda Galicia ou ben alumnos (cun máximo de 2 alumnos por grupo participante). No Centro Ágora de Coruña pola tarde. Cómpre inscribirse en http://www.igaciencia.eu/node/354 aquí mesmo, para poder planificar as reunións
http://intercentres.edu.gva.es/iesleonardodavinci/Fisica/Laboratorio/Laboratorio08.htmta
http://rsefalicante.umh.es/laboratorio.htm
As explicacións en vídeo dos experimentos con sensores dos concursantes poden ser incluídas na canle de Youtube de Igaciencia.