Actividades de Igaciencia no segundo semestre de 2021

Enviado por admin o Mar, 06/29/2021 - 21:45

Celebrando a -parcial, de momento- remisión da pandemia, adiantamos as nosas actividades previstas para o segundo semestre do ano 2021:

Organizadas coa colaboración da Concellería de Educación do Concello da Coruña:

-Concurso Galego de Robótica " A Maxia da Robótica" e Programación de Drons: Grupos dun máximo de 50 alumnos en hora e media do 15 ao 19 de novembro de 2021, co concurso de programación de drons o día 22 unicamente (dous alumnos por cada centro participante en robótica). Así os centros participarán en dous concursos, de robótica e de programación de drons. Entrega de premios ese mesmo día 22 de novembro.

-Converxencias Arte e Ciencia: Escher. No centro Ágora, do 18 ao 22 de outubro de 2021. Grupos dun máximo de 50 alumnos en 2 horas de actividades.

Organizado co patrocinio da Deputación da Coruña:

-VIII Congreso de Igaciencia, sobre Intelixencia Artificial na Aula. O 29 e 30 de outubro.

-Videoconferencias do mes da Ciencia en galego. En novembro.

Os centros da Provincia da Coruña están convidados a participar nas emisións por videoconferencias (propias e elaboradas polos centros) a través da canle de Igaciencia.

Organizadas co Patrocinio da Xunta

-Ruta Científica Matemática do Camiño de Santiago como premio para os gañadores do Rally Científico Matemático 2021. En setembro.

-Videoconferencias do mes da Ciencia en galego. En novembro. A maiores das citadas anteriormente.

Os centros de toda Galicia están convidados a participar nas emisións por videoconferencias (propias e elaboradas polos centros) a través da canle de Igaciencia.

Concurso: Inmatriculación de novos poliedros

-Seguindo un plano dun novo poliedro (un novo tipo para cada centro facilitado por Igaciencia) neste concurso trátase de facelo real por calquera medio (Origami, cartón, madeira ou mesmo impresión 3d) e de ter a posibilidade de inmatriculalo, darlle un nome galego e universal.

Se queredes información máis precisa cubride o formulario seguinte

Datos do profesor/a
Temática na que está interesado/a
Organizadas polo propio centro