Os días 3 e 4 de xullo de 2023 celebraremos o X Congreso de Igaciencia: Crear, presentar e divulgar arte dixital 3D no CNTG de Santiago. Aceptada a homologación provisional da Consellería de Educación.
Obxectivos.-
-Propiciar o intercambio e coñecemento mutuo entre investigadores e profesores de educación.
-Brindar a posibilidade de encontro entre tódolos profesores e profesoras de Galicia interesados no ensino coas últimas novidades sobre a Arte Dixital e para a utilización como ferramenta educativa en varias materias. Así como para facilitar o intercambio de ideas e experiencias e a presentación e difusión de recursos didácticos sobre esta temática.
-Desenvolver estratexias para a elaboración de recursos didácticos interactivos.
-Mostrar as diferentes opcións educativas e de utilización dos recursos de xeración propia.
-Ofrecer un espazo para coñecer mellor e gozar do mundo da tecnoloxía ao máis alto nivel.
Por que a presentación é importante
Inscrición.-
Inscrición gratuíta. Deberase cubrir o formulario que figura ao final deste apartado.
Prazas limitadas. Con preferencia para o profesorado en activo.
Valoración en horas de formación.- 16 h
Subvencionado Pola Deputación da Coruña
Coa destacada colaboración do CNTG na realización do Congreso.
Lugar de celebración.-CNTG Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Mapa de acceso ao centro Rúa Airas Nunes, s/n - Conxo. 15702 - Santiago de Compostela. A Coruña
Contidos.-
Blender. Renderización e animación de obras dixitais 3d
Nodos en Blender. IA e Blockchain
Óculus, Realidade Virtual e Metaverso: prática e como funcionan
Fotografía 360 e na web
Arte Dixital 3D con Javascript (Three.JS)
Realidade Aumentada
NFTs.
Posibilidades e conveniencia de Asociación de creación 3D galega para facilitar a difusión da Arte Dixital Galega
Relatores.-
Xacobo de Toro Cacharrón, CPI O Cruce, Cerceda
En xeral, obras sobre xeoloxía de Xacobo.
Fiz Cabanas Muíños CPR Obradoiro A Coruña
Óculus, Realidade Virtual e Metaverso: prática e como funcionan
Rafael González Ferreira, Enxeñeiro
3d e arte dixital. Blender e o novo paradigma da IA. Blockchain e os NFTs como novo modelo na creación de arte dixital.
Este módulo pretende abordar Blender, desde uns coñecementos moi básicos previos, cunha perspectiva actual e práctica no mundo da creación de arte dixital.
- Bloque inicial.
- Breve introdución orientada a uso. Tendencias dos últimos anos, novidades das últimas versións e primeiros enfoques da “nodificación” no mundo do software de deseño. Repaso aos distintos módulos que compoñen Blender, e entender como é que cada un deles da servicio ao “pipeline” do artista xeneralista. Traballaremos exemplos prácticos.
- Geometry Nodes: coñeceremos como funciona o módulo mais potente que está a revolucionar a industria. As funcionalidades baseadas en modelado de procesos, que dan lugar a ferramentas “procedurais” e permiten crear infinidade de solucións paramétricas. Veremos exemplos de monetización (o caso de éxito de “Sanctus”) mediante a comercialización de addons.
- Conceptos mais avanzados: daremos un repaso a conceptos coma modelado e escultura, escultura VR, motores de render, iluminación, especialidade en xeración de escenas (environment), selección dos mellores addons gratuitos e de pago, granxas de renderizado, ferramentas complementarias, recursos gratuitos de dominio público (HDRi, modelos, animacións), compositing.
- Bloque IA: que pode facer a IA por ti en Blender?
- Caso práctico: ferramentas para a xeración de texturas usables en Blender.
- Caso práctico: ferramentas de scripting mediante ChatGPT como apoio para xente sen experiencia en programación.
- Tendencias e outras ferramentas baseadas en Intelixencia Artificial.
- Bloque NFTs
- Caso práctico: Que é un NFT? Que non é un NFT. O caso de @annadreambrush
- Un pequeno repaso ao marketplace do mundo NFT: onde se publica, como se paga.
Caso práctico: a miña experiencia creando un NFT en foundation.app.
Manuel Díaz Regueiro, Igaciencia, http://galega.org
Crear Arte dixital. Arte Dixital 3D con Javascript (Three.JS)
Explorar posibilidades de Asociación de creación 3D galega para facilitar a difusión da Arte Dixital Galega
Tomás López Retorta: A Contorna de Blender. Renderización e Animación
Programa Provisional
HORARIO |
Dia 3 de xullo |
Día 4 de xullo |
10-14 |
Tomás López Retorta |
Rafael González Ferreira Nodos, IA e Blockchain |
16-17 |
Manuel Díaz Regueiro. Crear arte e Threejs |
Realidade Aumentada |
17-20 |
Xacobo de Toro Cacharrón Percorridos 360 con H5P |
Fiz Cabanas Muíños. ÓCULUS, Metaverso. Práctica |
Inscribirse neste formulario.
De 19-20 horas o día 4, en paralelo, temos
Título: "Relación das Matemáticas e a Arte Dixital 3D" de Luis Vázquez López (IES As Lagoas)
Intentará dar resposta as seguintes preguntas, a nivel de secundaria e bacharelato, para podelo poñer como exemplo no día a día da materia de matemáticas.
¿Matemáticas e Arte?
¿Uso das matemáticas na informática "Dixital"?
¿Por qué son importantes as matemáticas no deseño gráfico?
¿Cómo as matemáticas axudan no proceso de animación?
¿Cómo se usa a xeometría matemática no deseño 3D?
¿O arte Fractal?
Péchase a inscripción por estar sobrepasado o aforo da convocatoria.