Novos poliedros 2023

Enviado por admin o Sáb, 09/16/2023 - 11:56

O ano 2023 foi especialmente intenso para Igaciencia no tema de impresión 3d: en Bridges 2023, en Canadá, en Schulpt 2023, en Génova, e coa publicación de un novo algoritmo para realizar o fractal de Menger e infinitas variantes del. Razón pola que introduciremos o cálculo dunha variante de Menger-Díaz entre as posibilidades de participación en Novos poliedros deste ano.

Convocamos, polo mes da Ciencia en galego 2023, e seguindo a homenaxear a Evarist Galois, o creador do concepto de grupo e da Simetría Científica que abrangue á Arte, ás Matemáticas, en especial a Física actual, a Química, A Cristalografía, os Grupos de Simetría planos (17) e aos grupos de Simetría espaciais (230), á  Cosmoloxía, as partículas elementais,... Imos pola terceira convocatoria, e esta vez dándolle aos poliedros propostos un pequeno toque fractal tipo Menger-Díaz, ademais de ser extremadamente simétricos.

Diciamos o ano pasado que:

Imos testar a capacidade do galego para dar nomes universais coma poliedros, por exemplo. Sabemos xa que podemos nomear cada poliedro coñecido e dicilo perfectamente en galego. O galego pode cos poliedros. Pero o que nunca fixemos é inventar novos poliedros,  e darlles nome galego. Un novo paso de nivel para o galego.

Aquí poñemos uns cantos poliedros novos. Podedes detectar algún coñecido?  Os novos son orixinais de Manuel Díaz Regueiro. O que vos pedimos é que fabriquedes un e o inmatriculedes (dádelle un nome galego). En iso consiste o concurso, que durará ata o 1 de decembro e terá un pequeno premio para os 5 mellores equipos, ademais dalgún libro.

Desde logo cada centro pode dedicarse a un poliedro exclusivo para el. O primeiro paso é o de seleccionar o poliedro mediante o formulario que figura a continuación, despois daremos consellos para fabricalo en diversos materiais e con diversos medios e os criterios de valoración que se aplicarán no concurso.

En decembro publicarase na web de Igaciencia unha táboa na que figurara o modelo, a foto da construción realizada polo centro e o nome galego do poliedro escollido. Posteriormente se pode realizar unha exposición conxunta.

Escóllese por orde de inscrición. Prazo de inscrición ata o 23 de novembro.  Despois desa data pecharase a inscrición. Podes inscribir 2 niveis ou un nivel de 2 poliedros. Entrega dos poliedros por centro ata o 1 decembro. Entrega de premios o día 11 de decembro  as 12h en Santiago.

Animádevos xa! -É relativamente fácil. Seguindo un desenvolvemento plano dun novo poliedro ou imprimíndoo en 3d, neste concurso trátase de facelo real por calquera medio (Origami, cartolina, madeira, con mesmo impresión 3d, ou un vídeo coa renderización do STL) e de ter a posibilidade de inmatriculalo, darlle un nome galego e universal. Coa nosa axuda. Nota; non teñen porque ter a mesmas cores cas imaxes. Pode ser o resultado dunha impresora 3D en calquera cor. Ou con cartolina en calquera cor.

As citas, Hermann Weyl, o autor de Simetría, dicía que:
My work has always tried to unite the True with the Beautiful and when I had to choose one or the other, I usually chose the
Beautiful. O meu traballo sempre tratou de unir a verdade coa beleza e cando tiven que elixir entre unha ou a outra, eu, frecuentemente, elixín a beleza. Como consturír un poliedro e porque son importantes na educación por George Hart (en inglés). Tamén a súa Encyclopedia of Polyhedra. Como construir poliedros  Symmetry has always been attractive to mathematicians, and the most symmetric of all figures are the regular polyhedra, or Platonic solids. Aquí veremos figuras altamente simétricas.

Roger Penrose e os poliedros

Abrimos a inscrición o día 20 de setembro ás 10 horas.

Lembrade:

Unhas ideas básicas sobre o concurso

-O nome galego é importante. Un vídeo en galego, contando como se fixo, tamén.

-Só hai 5 premios este ano en metálico. Aínda que pode haber mencións especiais

-Os poliedros deben estar conseguidos para poder entrar no concurso

-Un único premio por centro  Os exemplos deste ano poñeranse definitivamente o día 20 de setembro.

Para os poliedros Menger-Díaz podedes escoller calquera das imaxes de construcións que aparecen nun dos dous artigos que podedes baixar de EasyChair (nos niveis baixos 1, 2 ou 3). Se queredes usar Rhino para crealos tedes o algoritmo neste vídeo. Se queredes deseñar unha figura propia seguindo o algoritmo, creade o cubo de existencia de 1 e 0 e enviádemo, que eu volo devolverei coma STL. No caso de figuras tipo Menger con cubos é doado facelos co cubiños de madeira. Para saber que figura escolledes, dalgún dos artigos, nomeades o artigo, o número de figura e a), b), c),.... segundo sexa a primeira, segunda,... comezando pola esquerda.

Para acceder ás outras figuras,  figuras tipo Menger-Díaz, debedes  ir ao enlace EasyChair (pincha aí, son preto de 50 figuras, podes escoller calquera delas). Poñeremos a imaxe das escollidas nestas liñas. Algunhas das imaxes son de nivel de recursión 3 ou 4. Se utilizades a lista de vectores previa podedes calcular o nivel 1, ou utilizando o algoritmo explicado en SCULPT 2023 en Rhino (ver vídeo), outros niveis. Como alternativa, pedides o nivel "tal" da figura "tal" e xa volo envío e o poño nesta páxina.

Exemplos de novos poliedros 2023
  nivel 1  nivel 2

pincha cada imaxe

nivel 3  tipo e centro/s
1

Tipo fractal Sierpinski 3d en cada cara

nivel2-IES de Meaño

2

Para as figuras tipo Menger-Diaz, como estas, debedes  ir ao enlace EasyChair (pincha aí, son preto de 50 figuras, podes escoller calquera delas). Estas 3 son unhas desas 50

 

3

Tipo fractal Sierpinski 3d en cada cara

Nivel 2-IES de Meaño

4

IES As Lagoas Ourense Figura 4 tipo1doc 9978

Menger Dual ou complementario

 

5

IES Gregorio Fernández
Sarria (Lugo)
 Documento 9978, figura 9 b) (tipo 1)
6

IES Menéndez Pidal
A Coruña)
  Documento 9978, figura 10-1 e 2

Neses vídeos sobre o algoritmo de Menger Díaz explico que

Everyone can use it. It`s simple. It`s easy In ten minutes I shall explain how to build in 3d, with Rhino, Grasshopper and Python RhinoScript, four new shapes, of fractal type. In one hour you can design, invent, a new Menger-Diaz fractal shape. There are millions awaiting for you. Your name will be in the hall of fame. Let's go there.

É dicir, todo o mundo pode usalo. É sinxelo, é doado. En dez minutos explicarei como construír en 3d, con Rhino, Grasshopper e Python RhinoScript, catro novas formas, de tipo fractal. Nunha hora podes deseñar, inventar, unha nova forma fractal de Menger-Díaz.  Hai millóns agardando por ti. O teu nome estará no salón da fama. Imos aló.

Por que non facer unha mini explicación en Coruña aos profesores e profesoras interesadas? En principio, o día 21 ás 5 da tarde no Centro Ágora da Coruña. Poderíase, por exemplo, facer unha nova forma e poñerlle nome. A propósito, mesmo a nova forma pode ser a dun grafiti dun nome ou alcume de 4 , 5 ou 6 letras ou máis, depende do voso enxeño. Pode conter nas súas caras o nome da clase, do Instituto, do pobo ou vila. Podes crear un fractal destinado a ser o logotipo 3d da túa vila. Apúntate xa! It`s simple. It`s easy...

É único, non deixes pasar esta oportunidade, gañarás en coñecemento e os teus estudantes desfrutarán.

O nivel 1 deste fractal HE+ asignado a o IES nº1 deRibeira. O 6b -é para o IES de Monelos

IES do Barral, Ponteareas asígnase Arquivo 10103 figuras 18 e 19, nivel 1

IES Santiago Basanta Silva de Vilalba asígnase o Doc n°10103 Fig.7

IES Ramón Puga Ramón de A Coruña Documento 9978. Figura 10. Nivel 3 (aparte dos niveis 1 e 2).

Datos do profesor/a