Novas do Rally 2014 e preguntas máis frecuentes

Enviado por admin o Dom, 02/02/2014 - 16:32

Novas

Data da proba online nos centros, o día 17 de marzo de 4 a 5 da tarde. Necesítase estar inscrito previamente.

Final galega e entrega de premios e agasallos aos finalistas: 28 de marzo. Cómpre que teñades presente a data porque utilizamos a aula máis grande do campus, a  aula de Bioloxía da Facultade de Químicas na que non é doado cambiar de data. Tédeo presente a hora das excursións, viaxes, etc...

Entrega de premios (un libro a cada participante, unha calculadora por grupo, e algún agasallo aos/ás profesores/as): ás 14 horas. Pola tarde dese día é posible concertar visita guiada coa Facultade de Físicas.

Preguntas máis frecuentes (FAQ):

-Quero ver exames anteriores. A fonte maís extensa de exames enteriores é esta:

http://www.cprlanuza.org/rally12/pruebas.php Aragón deixou de participar no 2013 polos recortes. As probas galegas de 2013 están a continuación.

-Poden ser menos de oito alumnos?

O concurso busca o traballo en equipo e a igualdade de condicións dos grupos participantes. Non ten moito sentido convertir un rally nunha olimpiada. Así non é posible inscribir a menos de 8 alumnos, agás que, participando todos os alumnos dunha clase, o último grupo que quede non sexa de 8 alumnos. Tamén queremos fomentar a participación de clases enteiras, para que vexan e aprecien a necesidade e o poder do traballo en equipo.

Os 8 alumnos teñen que ser da mesma aula ou poden ser de aulas diferentes do mesmo curso?

O rally sempre foi un concurso dunha clase. É o carácter distintivo do Rally Matemático, en Galicia e Francia desde hai 22 anos. De non ser así a tendencia sería a facer un concurso entre os mellores alumnos de cada ano da ESO de cada centro. Cada centro participaría cun equipo de cada curso. Dándose o paradoxo que lle damos clase a todos os alumnos de matemáticas, pero, en realidade, cremos que moi poucos as poden practicar... Os grupos gañadores en Francia o ano pasado estaban escollidos por orde de lista. Ter bos alumnos é importante, pero ter motivación, sentido común, lóxica e traballar en equipo, tamén. Hai, ademais, máis tipos de intelixencias que unha.

Logo, en principio, deben ser alumnos da mesma aula, do curso 3º B, por exemplo, en función de que non compitan alumnos seleccionados de cada centro. Podes escoller os mellores alumnos de 3º B ou dividir 3º B en varios grupos que participen, pero de 3º B.

Cal é a excepción? No caso de alumnos que, aínda sendo de distintos grupos, por exemplo 4ºA e 4º B, teñen matemáticas ou ciencias á mesma hora, na mesma aula e co mesmo profesor ou profesora; é dicir, son compañeiros de clase.  

Non temos moi claro os distintos pasos e como se seleccionarán os grupos gañadores en cada unha das fases da proba.

O día 17 de marzo de 4 a 5 estaredes diante dun ordenador co grupo ou cos grupos facendo a proba e enviando o formulario. Cómpre que enviedes escaneada a proba na media hora seguinte, para dirimir entre empates. Correxirase empezando por escoller aqueles que teñan o maior número de solucións finais correctas. Deses grupos con máis puntuación, miraremos como están feitas as solucións.
O día 19 de marzo pensamos ter os 3 primeiros de cada curso que competirán o día 28 de marzo na aula de Bioloxía da Facultade de Química de Santiago, ás 12, seguramente. Os tres profesores/as dos tres grupos de cada curso correxirán os exames conxuntamente. Se hai problemas, pode corrixir a organización, pero preferimos que non.
Ás 14 horas haberá entrega de premios (todos os rapaces participantes levarán un premio dun libro, cada grupo unha calculadora...) no salón de actos da Facultade de Química. A Facultade de Físicas ofértase para facer visitas guiadas pola tarde.
Os gañadores irán en autobús a Toulouse... nesa fase é a organización de Toulouse quen pon as probas e corrixe.

 Os enlaces aos exames

http://igaciencia.eu/sites/default/files/Proba%20rallye%202013%20primeiro%20mates.pdf

http://igaciencia.eu/sites/default/files/probarally2013ciencias%20cuarto.pdf

http://igaciencia.eu/sites/default/files/rallye%202013%20terceirocuarto%20mates.pdf

http://igaciencia.eu/sites/default/files/solucionformulario%20rallycienciascuartoI.pdf

http://igaciencia.eu/sites/default/files/solucionrallye%202013%20primeiro%20mates.pdf

http://igaciencia.eu/sites/default/files/soluci%C3%B3nrallye%202013%20terceirocuarto%20mates.pdf

http://igaciencia.eu/sites/default/files/Rally%20Matem%C3%A1tico%202013%203%C2%BA%20ESO.pdf

http://igaciencia.eu/sites/default/files/Rally%20Matem%C3%A1tico%202013%204%C2%BA%20ESO.pdf

http://igaciencia.eu/sites/default/files/Rally%20Ciencias%2020

Rally mates 2013 1º ESO.pdf