Un novo concurso de Ciencias e Matemáticas: o Rally de Ciencias e Matemáticas 2013

Enviado por admin o Lun, 01/28/2013 - 16:32

 

Novidades na convocatoria 2013 da fase galega do Rally:  Inscríbete aquí. ao final deste texto

 

  • Convócase o I Rally Galego sen Fronteiras de Ciencias:

Destinado a 2º da ESO (proba de Ciencias da Natureza)  e a 4º da ESO (Física e Química, e Bioloxía- Xeoloxía)

Amplíase, xa que logo a todo o ámbito científico.

  • Amplíanse os destinatarios do Rally de matemáticas acollendo tamén ao alumnado de 1º da ESO .

Así, o Rally Matemático sen Fronteiras terá unha proba para  1º da ESO, e proba para 3º e 4º da ESO.

As probas realizaranse o día 18 de marzo e os grupos  terán un número máximo de compoñentes de 8 estudantes.

Procédese a realizar as modificacións citadas atendendo a:

 Nos últimos anos os grupos eran moi diversos en número,  desde 8 a 30 participantes, polo que non había igualdade na participación e na realización da proba.

Había alumnos que participaban "obrigados" polos seus compañeiros, xa que as normas contemplaban que debían participar todo o grupo clase. Desta maneira aseguramos a motivación dos rapaces e rapazas.

A nova estrutura facilita a asistencia  á Superfinal de Toulouse os días 16 e 17 de maio, xa que poden asistir un total de 5 grupos de 8 compoñentes.

Cada profesor efectuará a vixianza da realización da proba do seu grupo de alumnos, que a partir desta edición, será online. Así non terá que realizar desprazamentos a outras localidades, como se viña facendo ata ao momento. Para dirimir empates e determinar a clasificación, faremos unha proba final presencial cos grupos gañadores. A entrega de premios farase nese mesmo día para evitar novos desprazamentos do alumnado e profesorado.

Recoméndase que o profesorado- sobre todo o de ciencias, pero tamén matemáticas- propoña exercicios para as probas. para ter unha base de datos de exercicios.

Na final, o profesorado dos grupos gañadores terá unha participación activa na corrección e revisión dos exames para determinar os gañadores.  que viaxarán á Superfinal os días 16 (ciencias) e 17 (matemáticas)

En caso de empate en calquera das probas, un criterio de desempate será a orde de inscrición.na web

Patrocinadores. A Consellería de Cultura e Educación  colabora cun total de 1000 euros, destinados para a viaxe a Toulouse dos grupos gañadores.

Está solicitada a colaboración doutras entidades e concellos.

Curso

Materias que entran

Tipo de Rally

Data 1º proba en Galicia

Data superfinal Toulouse

1º da ESO

 

Matemáticas

 

Matemáticas

18 de marzo de 2013

17 de maio de 2013

2º da ESO

Ciencias da Natureza

Ciencias

18 de marzo de 2013

16 de maio de 2013

3º da ESO

Matemáticas

Matemáticas

18 de marzo de 2013

17 de maio de 2013

4º da ESO

Matemáticas

Matemáticas

18 de marzo de 2013

17 de maio de 2013

4º da ESO

Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía

Ciencias

18 de marzo de 2013

16 de maio de 2013

 

Patrocina