Youtube non é só aquela rede social que os alumnos prefiren como buscador ou un inmenso fornecedor de recursos audiovisuais para a aula. Youtube é unha potente ferramenta didáctica con moitas funcionalidades que nos poden axudar dentro e fora da aula.
O obradoiro “ Aplicacións didácticas de Youtube & vídeo interactivo” tenta afondar nas ferramentas que a plataforma ofrece para desenvolver habilidades e competencias mediante actividades concretas que poidan servir de exemplo de uso e de motivación para levar estas ferramentas á aula.
Durante o obradoiro iremos abrindo propostas didácticas nas que vamos a traballar coa rede Youtube, de xeito que a pedagoxía oriente á tecnoloxía e cunha secuencia didácica similar á que podemos seguir despois co alumnado.
Para ir paso a paso, desenvolveremos inicialmente tarefas destinadas a desenvolver a competencia dixital :
- Creamos a nosa propia canle de vídeo para aloxar os materiais que queremos usar na aula .
- Descargamos un vídeo que nos interese e o subimos ao noso novo canal.
- Facemos unha lista de reprodución de xeito que podamos ter ben organizada a nosa canle desde o principio.
A ferramenta dixital “Anotacións” permite integrar nos vídeos multitude de estratexias didácticas e desenvolver, entre outras as competencias de aprender a aprender, TIC , social e cidadana e de iniciativa e autonomía persoal
Asi, as anotacións permiten personalizar un vídeo e incrementar a súa potencialidade didáctica a través de distintas accións como:
Ademais, facilita avaliación de actividades fronte a outro tipo de probas que se levan a cabo habitualmente nas aulas. Así, deseñar un cuestionario con distintas opcións e explicacións a propósito de cada unha, para favorecer a reflexión e a autoavaliación e avaliación en grupo.
Podedes ver unha experiencia na aula no CPI Conde de Fenosa no que se emprega o vídeo con anotacións como recurso para comentar, motivar ou mellorar as presentacións de alumnos e que recolle as diferentes propostas anteriormente citadas.
Outra das aplicación interesantes é deseñar unha historia con distintos desenvolvementos da narración, que poden ser elixidos polo espectador, que nos axudarán a traballar na aula distintos aspectos relacionados coa creatividade , unha potente ferramenta para desnvolver a competencia en comunicación lingüística, cultural e artística
A modo de exemplo As aventuras da meiga Xiana, elaborado por Xacobo de Toro un conto infantil no que o lector pode escoller distintos desenlaces.
Manexar estas ferramentas permite editar dun xeito sinxelo fragmentos pertinentes de documentais, simulacións ou e películas e integralos nunha dinámica de aprendizaxe que favorezca o desenvolvemento das habilidades de indagación científicas integradas na competencia de coñecemento do medio físico e a matemática.
Sempre que dispoñamos de tempo, veremos outras solucións online como WireWax ou Flixmaster e o software de pago Camtasia studio, programas de pago que permiten alcanzar altos grados de interactividade , como podedes ver en: http://www.screencast.com/t/8uIlgKC5kO6
Algo similar pódese facer desde Youtube, pero non nos deixa enlazar fora da súa plataforma ( valaí un exemplo: http://www.youtube.com/watch?v=3dKhz9XIo78)