VII Obradoiro e Concurso Galego de Robótica

Submitted by admin on Fri, 11/28/2014 - 16:32

Inscríbete nesta mesma páxina

  Convocatoria  Saber máis, en que consiste?    Cartel

Para alumnado de 5º e 6º de Primaria, ESO,  Bacharelato ou FP. Concurso:  Os participantes poden optar aos premios do VII concurso escolar galego de robótica.

Tede en conta que:

O criterio de admisión é a orde de inscrición únicamente para a data e horario de participación que se elixe. Por esa razón cómpre mirar antes de cubrir o formulario os xa inscritos no VII Concurso Galego de Robótica    e tamén comprobar aí, posteriormente, se está rexistrada a túa inscrición. Revisa o CALENDARIO PROVISIONAL  que se irá cumplimentando (a partir do día 8 de decembro).

Se un grupo xa inscrito ten un número de alumnos menor a 40 pode inscribirse outro centro no mesmo horario, sempre que a suma dos dous grupos non supere os 40.

Se o grupo que ocupa un determinado tramo horario pertence a un mesmo centro educativa, atendendo ás vosas peticións relacionadas co transporte, pode superar ese límite e chegar ata 50.

Un mesmo centro educativo non pode inscribir unha segunda quenda de participantes ata o 17 de decembro.

Este ano queremos que ao menos un 10% dos inscritos sexan novos participantes polo que, o criterio de orde de inscrición deixará de ser prioritario para os participantes da VI edición unha vez que ocupen o 90% das prazas ofertadas. 

Mira antes os xa inscritos no VII Concurso Galego de Robótica    

Organiza: IGACIENCIA, colabora educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié