O software libre como negocio

Submitted by admin on Wed, 06/10/2015 - 16:32

Gustaríanos que houbese moitos congresos de software libre en Galicia, de Drupal, de Python, de calquera tema en calquera cidade e con calquera enfoque. Pero non os hai. Non os hai porque non son negocio. Bastaría que se puxeran cartos enriba da mesa e teriamos a cen organismiños organizando cen congresos de calquera cousa.

Ben, nós non optamos polo software libre como negocio e así podemos facer congresos de custe case cero. Outros o  disfrazan cunha cuestión relixiosa e purista dunha relixión que o único que quere é disimular a súa visión do software libre como negocio.  Moitos traballan en temas de software libre e fan negocio e, se non o fan con corruptelas, non temos nada que dicir. Máis ben aplaudir. Pero a verdade é que nos repatean os que se disfrazan en visións utópicas cando o único que van é ao negocio.

Nós non somos utópicos nin cremos en relixións de pureza, nin en relixións xustificativas do negocio, como outros, e ademais, para máis inri, utilizamos Google e Google Maps. Non coñecemos a ningún friki en Galicia que use outra cousa sinxela que xa sabemos que é problemática (neníns, non usedes Google Maps). Estamos todos os galegos en pecado. Pero se hai algún friki que poida explicar algunha alternativa sinxela, e útil, a Google Maps, estariamos encantados de coñecelo e darlle o lugar que lle corresponde no Congreso. Incluso ao final preguntarlle aos asistentes se prefiren Google Maps ou o que sexa que din que serve para algo. Porque resulta que o congreso que presentamos é como é simplemente porque non hai máis relatores que conten algo interesante e ademais o fagan gratuitamente e ademais teña sentido o que conten e sexa de utilidade e, por último, lles guste aos asistentes. Hai campos nos que con esa confluencia de condicións é imposible de atopar ningún experto ou relator. Por iso temos máis méritos os que nos dedicamos horas e horas a servir ao sistema educativo de Galicia e ao público xeral, sen cobrar directa ou indirectamente da Xunta. E, en vez de recoñecelo e darnos unha medalla, dannos paus.

Claro que os poñemos en evidencia. Sen a súa colaboración, incluso este ano sen relatores da administración, incluso coas súas oposicións e campañas, podemos montar un congreso decente, interesante e no que se inscriben moito profesorado e público en xeral. Non temos culpa de que sexan irrelevantes nestes temas por moito que presuman.

Incluso a propia administración parece considerar o tema como negocio de aforro máis que como algo a promover xa que promociona a organismos inútiles como o que nos ataca, non promove nin os seus congresos do tema, e si fai congresos de salón cheo.

En fin o congreso que facemos é de Software libre para Educación e Foro Libre polo que ademais do software libre falamos do que nos peta, é un foro libre e falamos das cousas interesantes TIC que coñezamos e esteamos dispostos a compartir.

No mesmo contexto purista que falan sería interesante que esixiran que as máquinas que usa a Xunta e eles mesmos deberían ser libres, de fabricación libre (nós no congreso -e non eles- presentamos unha); os canóns, os libros, as pizarras, os teclados, os lápices e o papel debería ser libres, etc... Tonterías e tolemias.