Exposición Arte e Ciencia en Ourense

Submitted by admin on Thu, 09/17/2015 - 16:32
Cartel Arte e ciencia

O obxectivo fundamental da exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia e a arte. Para explorar esa interacción selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo, iniciando a viaxe na arte castrexa e rematándoa con obras de arte dixital 3D entre as que figuran as seleccionadas para ser expostas en congresos internacionais. 

Na exposición prima a compoñente didáctica e divulgativa e está composta por:

- Paneis interpretativos que poñen de manifesto as conexións coa ciencia das distintas obras obxecto de análise

-Obras orixinais 3D

-Presentación animada para mostrar as claves do método compositivo de Juan Gris.

-Reproducións de obras de arte

-Materiais para realizar un pequeno obradoiro  nas visitas guiadas

Onde se celebra? No Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. http://www.centroculturaldeourense.com/

Cando se celebra? De 14 a 20 de outubro.

Horario especial para visitas guiadas e concertadas previamente polos centros educativos:

                  Mércores e xoves, 14 e 15/10, e luns e martes, 19 e 20/10, de 9:30 a 14:00

Horario xeral:

·De 18:00 a 22:00 h, de luns a venres e a mañá do venres, de 11:00 a 14:00.

Sábado e domingo de 18:00 a 21:00h

Como se pode participar?

·  Asistindo á Inauguración que en principio está previsto realizar o día 14 de outubro, ás 19 horas, pero que se confirmará proximamente.

·  Visita libre. A visita á parte expositiva poderá realizarse durante o período de exposición nos horarios de tarde que se sinalan e durante a mañá do venres.  

·  Visita concertada, guiada e con obradoiro, para centros educativos. Os centros educativos poderán concertar visitas de grupo, cun máximo de 30 alumnos e alumnas simultáneos, acompañados polos profesores/as, preferentemente de ciencias, matemáticas, historia ou deseño.

As visitas concertadas realizaranse nos seguintes tramos horarios

               Outubro, días 14, 15, 19 e 20

9:30 a 11:00 h

11:00 a12:30 h

12:30 a 14:00 h

Como reservar?

A solicitude de participación, para a visita concertada con obradoiro, deberá realizarse antes do día 7 de outubro, efectuando a inscrición en http://www.igaciencia.eu/node/196

Ler máis:

Esta exposición aborda como a ciencia, matemáticas, a tecnoloxía e a arte e a vida se relacionan entre si.

O aspecto máis destacado, tanto polo interese que posúe en si mesmo como por ser unha primicia dada a coñecer por Arte e Ciencia, é a presentación animada (e o conxunto de paneis) que mostran paso a paso o método compositivo de Juan Gris.

Na exposición preséntanse mostras de múltiples aspectos xeométricos que rexen a construción de obras de arte, máis tamén se fai explícita a influenza de investigacións científicas como a persistencia retiniana, o contraste simultáneo de cores, os descubrimentos en astronomía… , sen esquecer a análise de símbolos galegos e obras arquitectónicas. Dedícase un apartado especial ao contexto actual no que, ao igual que a fotografía cambiou as metas da arte, o desenvolvemento tecnolóxico revolucionou as maneiras de crear e representar.

As conexións son múltiples e en ambos sentidos. Acéptase que a xeometría incide e inflúe nas artes plásticas pero poucos teñen presente que o puntillismo inflúe no concepto de píxel, ou que dous premios Nobel de Química recentes foron outorgados por aspectos científico-artísticos que iluminan a Química, como son os cuasicristais e o fullereno.

A título de exemplo, enuméranse algún dos temas e autores elixidos como obxecto de análise:

  • Cultura galega (Símbolo Románico, A cruz celta de Santa Susana en Santiago, Símbolos de Santa Trega, Día e Noite, e as ecuacións que os describen ou métodos de construción)
  • Arquitectura (Ecuacións de perfís en obras arquitectónicas destacadas, Cúpulas xeodésicas)
  • Lsystem (que son e artesonado dos alcázares reales)
  • Metamorfose de Escher
  • Fractais (Mandebrot-Julia-Newton, fractais, Cores por ecuacións)
  • Número de ouro
  • Dali e a ciencia
  • Análise desde a perspectiva matemática, do contraste simultaneo de cores de Chevreul, a persistencia retiniana ou o gestaltismo de representantes do op art, Vasarely e Bridget Riley.
  •  Calder e a física, Mondrian e matemáticas, Seurat e a Química
  • Juan Gris e as rimas pictóricas
  • Fullereno,  Cuasicristais e a teselación de Penrose
  • Obras 3D expostas en Congresos internacionais de arte e matemáticas: Fibonacci's Bell,  Hurricane Sandy,  Tornados's cup…

Efectuar inscrición

cartel