Rally Matemático 2023-XXXI Rally Matemático

Enviado por admin o Mar, 02/07/2023 - 17:35

Co Patrocinio da Xunta de Galicia, celebraremos este XXXI Rally Matemático 2023, como sempre evoluíndo e adaptándonos ás circunstancias cambiantes nestes 31 anos.

Destinado aos estudantes dos seguintes cursos: 1º,  2º,  3º ou  4º de Matemáticas da ESO; en grupos de 8 alumnos e alumnas (pertencentes á mesma clase), agás que participe toda a clase e non sexa posible que todos os grupos sexan de 8 participantes.

Os premios serán semellantes aos desenvolvidos nos últimos 31 anos. Libros para os 3 primeiros grupos clasificados e claro, a viaxe correspondente para o equipo gañador de cada curso. Os detalles da viaxe ultimaranse co profesorado dos equipos gañadores.

Nos anos da pandemia non foi posible viaxar a Toulouse para a final internacional. Desafortunademente, tampouco se poderá ir este ano. Hai uns meses finou André Antibi, o coordinador do Rally, de forma inesperada e despois dunha conferencia á que asistiron 1200 estudantes. A falta de coordinador, o equipo está reorganizándose e esperamos que a situación se normalice para o vindeiro curso, tal como nos comunican: 

Bonjour,
Je suis au regret de vous informer que le rallye mathématiques ne sera pas organisé par l'IRES de Toulouse cette année.
Nous mettons tout en oeuvre pour qu'il puisse être de nouveau organisé à partir de l'année prochaine.
Bien cordialement,
Xavier Buff

A proba consistirá en 5 problemas adaptados a cada curso. Fase de Centro, en cada centro educativo. Fase galega, en Santiago, na Facultade de Química, está previsto realizala o 24 de abril.

Podedes inscribirvos xa!

O prazo de inscrición remata o día 31 de Marzo. A proba de centro será o 11 de abril, martes, ás 4 da tarde.

Obxectivos:

  • promover a ciencia e as matemáticas entre os estudantes,
  • demostrar que non están reservados para unha elite, que son atractivos e accesibles para todos,
  • propiciar a resolución colaborativa de problemas.

O cartel do Rally deste ano

As instruccións da proba de centro está aquí

As instruccións da proba fase galega

Exemplos de probas doutros anos

Inscrición de 2014 e probas da edición de 2013

Inscrición de 2015 e probas da edición de 2014

 Exames do 2015 aquí 

https://www.igaciencia.eu/sites/default/files/2018-05/rally2016_0%5B1%5D.pdf

 http://www.igaciencia.eu/sites/default/files/2017probascentroMATES.pdf 

Exames matemáticas 2018

Exames proba centro e galega do 2022