Aprender co potencial de aparatos móbeis
En 2020 a principal vía de conexión a internet serán os móbeis
Os estudantes usan eses aparatos para construír significado para o seu mundo arredor, non debería equiparse a cada un deles dun aparato móbil para o seu aprendizaxe? Ou ben, deberíamos prohibirlles os seus móbeis e PADS?
Prohibímoslles os móbeis porque así non perderán o bo costume de falar berrando?
Prohibímoslle a tecnoloxía porque así non deixarán de facer a ciencia, as matemáticas e a tecnoloxía de hai 4000 anos, a man, terán unha boa base para descubrir a verdadeira ciencia dentro de 20 anos...
Queremos darlle ciencias troncais - abstractas- en vez de tecnoloxía de saber facer e resolver problemas con todas as ferramentas ao seu alcance para que o espírito mandarín e as aprendizaxes memorísticas sigan a florecer en contra da comprensión e o saber facer. Esforzo para memorizar, para aprender memorizando temáticas obsoletas, desmotivantes en vez de resolver problemas desafiantes, pero razoables, con tecnoloxía e interdisciplinariedade.
Menos papiroflexia, menos segregación pola papiroflexia e diferenciación polas troncais (o que non saiba a troncal á FP) e máis tecnoloxía integradora!!!.
Se o podes facer con tecnoloxía informática (onde todas as empresas que trunfan destacan) non o fagas con receitas a man.
Discute estes e outros temas no
Ano Galego da Tecnoloxía e no Congreso de Software Libre Científico, Matemático e Tecnolóxico.
Para seguir pensando
- Log in to post comments