Igaciencia e educaBarrié, a iniciativa da Fundación Barrié para a comunidade educativa, organizan en Vigo o Obradoiro "A maxia da robótica" para escolares de toda Galicia.
Data: 19 - 22 de maio de 2015
Lugar: Fundación Barrié, sede de Vigo (Policarpo Sanz, 31)
Dirixido a: Alumnado de 5º e 6º de Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos de toda Galicia.
Os centros educativos que queiran participar no obradoiro e concurso A maxia da robótica deben inscribirse a través da páxina web de IGACIENCIA
Obxetivos:
O obxectivo desta actividade é achegar o estudantado á robótica, un campo de absoluto futuro, e aproveitar a súa "maxia" para promover a cultura científico-tecnolóxica no alumnado galego. A maxia da robótica é un compendio de actividades (obradoiro - concurso) encamiñadas a unha experiencia de aprendizaxe, deseñada para:
Familiarizar e explorar o campo da robótica.
Potenciar as habilidades creativas e de innovación propias dos adolescentes que gustan aprender da tecnoloxía e especialmente da robótica.
O propósito de amosar aos mozos e mozas a robótica está vinculado ao potencial de este sector para crear e innovar, así como fomentar os desexos naturais por explorar o novo e actual. A robótica brinda a posibilidade de concibir, crear e pór a funcionar obxectos, favorece o desenvolvemento de procesos cognitivos de alto nivel nas persoas que se involucran con estes recursos, así como, a posibilidade de comprender funcionamentos, efectos e comportamentos de situacións reais recreándoas.
Se desexa recibir información actualizada das actividades da Fundación Barrié pode solicitalo en www.fundacionbarrie.org