Parabéns a todos os gañadores!!!
|
Unha das probas
Arte robótica
A exposición Arte Robótica realizada na Villette de París en 2014 acollía unha obra que presentaba varias camas de hospital facendo unha onda. Aquí imos facer algo semellante facendo movementos con varios robots para simular unha onda, movemento popular que coñeceredes por ser habitual nos estadios deportivos.
Para realizar a onda debedes sincronizar un grupo de 4 ou 5 robots.
Como grupo, teredes que determinar en que orde se moverán os robots e que medidas van a realizar.
Categoría A (Primaria e 1º ESO): Tedes que mover cada un dos robots, ao 15% (EV3) ou 30% (NXT), 1 segundo cara adiante e, a continuación, 1 segundo cara atrás indefinidamente. Tamén tedes que darlle a cada un dos robots un retardo de 1 segundo respecto ao anterior, de modo que consigades a onda.
Categoría B (2º-4º ESO).
a) coincidencia dos movementos do 1º e 3º robot
b) agora coa coincidencia dos movementos do 1º e o 4º robot.
Categoría C (Bacharelato e CM).
a) coincidencia dos movementos do 1º e 3º robot
b) agora coa coincidencia dos movementos do 1º e o 4º robot.
c) facede todo o anterior e ademais variade a amplitude e o período da onda para acadar a maior estética posible.
Foto: Os nosos científicos campións.
- Log in to post comments