Para recibir material adicional do día da Ciencia en Galego feito por Igaciencia, inscríbete aquí mesmo.
Con isto conseguiredes unha pequena miniexposición do día da Ciencia en Galego. Contrapartida? Que tal se nos contades como saíron os experimentos, en cales gozaron máis, que dixeron dos carteis, que habería que mellorar, etc. e toda aquela información que nos queirades dar.
Carteis: Enfermidades celtas galegas e a orixe dos celtas (Libro de lectura, "Os labirintos galegos" que tedes en todos os IES e CPI de Galicia, enviado por Igaciencia. Preguntade no Dpto. de matemáticas)
Diversidade xenética: o colo de botella e o efecto fundador. (por que os irlandeses non son cuspidiños a nós)
Os legumes. Ano Internacional dos legumes (FAO). Umberto Eco, o milenio e os legumes.
As tres leis de Mendel. Cruz Gallástegui. Nota. para imprimir, lembrade escoller Escala de páxina a Reducir a área de impresión e marcar Rotar e centrar.
Experimentos multidisciplinares:
O pingüín Emperador da Antártida e o de Chile. Demostrar que manteñen durante máis tempo a temperatura aqueles corpos repoludos que os corpos lonxitudinais. Cun Arduino e dous sensores de temperatura DS18B20 conectados a el. Explicado paso a paso o que hai que facer, montar, que programas poñer, e como interpretar os resultados. (Bioloxía, Matemáticas, Geogebra, Tecnoloxía, Arduino e gráficas) Pero tamén o podes facer cun EV3 ou NXT e dous sensores de temperatura? Usando o datalogging propio da versión educativa do EV3 ou do NXT?
Un experimento para mostrar que as bacterias non poden ser máis grandes do que son. (Bioloxía, Química, Matemáticas...)
Como os seres vivos estamos feitos de auga. Como medir canta auga e que proporción ten unha pataca?
Algúns experimentos con legumes
O ADN dun Kiwi
Daremos un certificado (en pdf) de Igaciencia a cada equipo que consiga realizar un experimento. Con que probas? fotos e comentarios sobre os pasos dados.
Unha pregunta. Podemos aportar nós experimentos? Si.
Ata cando atenderemos esta temática?: no mes de novembro, no mes da Ciencia en Galego.
- Log in to post comments