Inventa en Galego (con App Inventor) 2018. Concurso de Sensores 2018. Patrimonio cultural europeo

Submitted by admin on Wed, 02/14/2018 - 16:32

Inventa en Galego (con App Inventor) 2018. Concurso de Sensores 2018

Inventa en Galego (con App Inventor) 2018

As Bases que podedes ver aquí, son semellantes ás de dous anos anteriores e tamén contará co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Igaciencia. A modo de resumo, céntrase en:

Crear programas en App Inventor por un equipo de alumnos e alumnas de Primaria ou Secundaria de Galicia, presentados por un ou unha profesor/a.

Temática: As App versarán sobre programas útiles co móbil, realizados con AppInventor, do MIT e relativos a calquera aspecto de Galicia. Ao menos no idioma galego (pode ter máis).

Premios: 2 , un de 300 e outro de 200 euros. Prazo, finais de maio.

Concurso de Sensores

Ampliamos as bases de anos anteriores permitindo utilizar móbiles intelixentes, mbots dos centros, GPS e Internet das cousas.

 

Bases de Sensores 2018

Premios: 2, un de 300 e  e outro de 200 euros en material para os centros. Prazo, finais de maio. Co patrocinio do Concello de A Coruña e Igaciencia.

Para a realización do concurso poñemos sesións de asesoramento os venres ou sábados no Centro Ágora de A Coruña, sempre a petición dos interesados. Para iso apuntádevos no formulario situado ao final deste apartado. Os días 6 e 20 de abril convócase reunión para os interesados en: -Participar no concurso do Concello de Coruña Sensores para todos -Preparar actividades con sensores de Ciencia na Rúa -Aprender a programar en Arduino, EV3 ou Raspberry Pi -Sensores no smartphone Nesa reunión tratarase como orientar o concurso e de dar resposta as dificultades que teñades (profesores ou alumnos) de modo que os asistentes saian cun convencemento de que o traballo con sensores é asequible e divertido. Con sensores non hai nada imposible. Os asistentes poden ser profesorado de toda Galicia ou ben alumnos (cun máximo de 2 alumnos por grupo participante). No Centro Ágora de Coruña de 5 a 8 e media da tarde na aula 11 Deberiades inscribirvos en http://www.igaciencia.eu/node/279 aquí mesmo, para poder planificar as reunións

O concurso máis madrugador, xa está nas páxinas do Concello de A Coruña, patrocinador do Concurso. Concurso Sensores 2018 http://www.edu.coruna.es/ga/portada/(month)/3/(year)/2018 Exemplos

http://intercentres.edu.gva.es/iesleonardodavinci/Fisica/Laboratorio/Laboratorio08.htm

http://rsefalicante.umh.es/laboratorio.htm

En canto ao Patrimonio Cultural Europeo, vedes as primeiras propostas aquí

http://www.cienciaengalego.org/node/429

E relacionado con novacarta.eu

http://novacarta.eu/gl/node/8